Cada 27 de febreiro celébrase o Día Mundial das ONG’s. Dende Amicos sabemos de primeira man a importancia do traballo das Organizacións Non Gubernamentais e hoxe é un día para visibilizar e coñecer máis de preto a súa labor, por iso queremos ensinarvos o noso día a día na Asociación.

As asociacións sen ánimo de lucro loitamos a favor dos dereitos das persoas, das causas ignoradas, daquelas parcelas onde a sociedade non chega e hoxe conmemoramos o esforzo e os logros alcanzados polos traballadores, polos voluntarios, os socios e toda a xente que colabora para que o mundo sexa un lugar mellor.

Amicos somos un recurso de apoio e axuda para persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. A nosa labor céntrase en crear oportunidades, emprego e dignificar ás persoas con discapacidade intelectual, traballamos pola equidade destas persoas na sociedade. Somos persoas que axudamos a persoas. Traballamos día a día para favorecer o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual en toda a súa etapa vital. Dende a primeira etapa, a atención temperá, ata a idade adulta, promovendo a formación ocupacional das persoas. Contámosche máis sobre nós neste vídeo: 

Agora que nos coñecemos mellor, necesitamos persoas solidarias que se unan ao noso proxecto. Para que as persoas con discapacidade teñan o mesmo lugar ca ti na sociedade, para seguir traballando pola igualdade.

¿Axúsdanos a conseguilo? FAITE AMICO: https://amicos.org/hazte-socio/