Este ano 2021, o Día Internacional da Muller está adicado “ás esenciais”, as mulleres líderes que loitan por un futuro igualitario. Por iso, dende Amicos, quixemos dar voz ás mulleres da nosa Asociación. Elas, ademáis de toparse obstáculos por ser mulleres, tiveron un tropezo engadido no seu camiño: unha discapacidade.

No día de hoxe Mercedes, Susana, Aroa e Carolina son as protagonistas, e vannos contar a súa historia de superación para poñer en valor o traballo de moitas mullers que, coma elas, loitan cada día pola igualdade e  por perseguir os seus soños. 

Mercedes Carballo, ten 40 anos, padece unha discapacidade auditiva e traballa como capataza na Ecobrigada da nosa Asociación. Cóntanos que os traballos forestais seguen considerándose traballos masculinos: “As traballadoras cóntoas cos dedos dunha man“, confesa a capataza. “Nunha ocasión tocáronme dous señores que non querían acatar ningunha orde que viñera dunha muller”, así relata Merche as súas primeiras experiencias laborais.

Susana Varela ten tamén 40 anos e atopou en Amicos unha oportunidade laboral, xa que debido a súa discapacidade de colitis ulcerosa, atopouse problemas de saúde. Botaba moito tempo de baixa, polo que perdeu o seu anterior emprego. Aquí traballa como limpiadora, un oficio que sigue moi destinado as mulleres: “eu penso que as empresas siguen preferindo mulleres”, indica Susana. 

 

Aroa Cruces ten 35 anos e traballa na Ecobrigada de Amicos, ten unha pequena discapacidade no nervio óptico. “Houbo unha vez unha brigada que de primeiras non acataba as miñas decisións”, recoñece esta capataza. “Pouco a pouco demostrei o que eu valía, fixenme respetar e acabamos sendo unha muy boa brigada”, así explica Aroa as súas primeiras experiencias no mundo laboral. Ela, sente que cada vez hai máis mulleres no seu traballo, tanto peóns forestais, como capatazas, técnicas e axentes de brigada: “Somos igualmente capaces de traballar cunha desbrozadora, unha motoserra, un tractor, co que queiramos”.

Carolina Castro, ten unha discapacidade intelectual, ten 28 anos e está estudiando no Centro Integral de Amicos para traballar nun supermercado. É consciente que no posto de repoñedor hai máis homes, mentres que no posto de caixeiro hai más homes. Ela manda todos so seus ánimos para seguir loitando por unha sociedade máis igual: “Chicas a por todas, que valemos máis do que nos queren facer ver”.

Ademais, no Centro Amicos realizamos outras actividades ao longo de toda a semana para a concienciación deste día. Os nosos compañeiros déronlle valor a mulleres que foron moi destacadas na historia. A científica Marie Curie, a artista Frida Khalo ou a escritora galega Rosa sentando en instantáneas, fotos e debuxos a labor destas mulleres.

Con esta campaña dende Amicos pretendemos seguir loitando pola equidade, independentemente do xénero e dificultades de cada persoa. Todo é posible coa axuda de todos.

En Amicos axudamos a facer posible historias coma as destas 4 superwoman. Axúdanos a que máis persoas coma elas alcancen os seus soños!

FAITE AMICO