Día da Terra

Neste día 22 de abril, Día da Terra, no monte de Leiro (Rianxo), Amicos levou a cabo unha reforestación en terreos afectados polo gran incendio acontecido o 25 e 26 de marzo de 2019 que arrasou Dodro e Rianxo. Coincidindo co día da terra, comezáronse a plantar 5.000 plantas de piñeiro entre o equipo da Ecobrigada forestal de Amicos, usuarios do noso centro e rapaces e rapazas do IES Félix Muriel.

ecobrigada

Membros da Ecobrigada e Amicos.

Para conmemorar este día tan especial, contouse coa presenza de Inés Santé, Directora Xeral de Desenvolvemento Rural; Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo; Odón López, Xefe do Servizo da Propiedade Forestal; Ánxela Miguéns, Presidenta da CMVMC de Leiro; Santiago Barros, Delegado Provincial de Obras Forestais e Viveiros; Nazareth Díaz, Coordinadora e Xestora do Programa Educativo Voz Natura; e Patricia García, Responsable de Marketing Cruz Roja España.

Institucións e persoas do entorno

“Hoxe é o día da terra e viñemos facer unha replantación co proxecto Amicos ZeroCO2, así comezaba Manuel García, traballador da Ecobrigada explicando este proxecto. Esta acción enmárcase dentro do noso proxecto Amicos ZeroCO2, co cal queremos ser motor de cambio e concienciación do coidado dos nosos montes, ademais de crear sumidoiros de carbono, cos cales compensar as nosas emisións de CO2 e acadar a pegada de carbono Zero.

Ánxela Miguéns García, Presidenta da Comunidade de Montes de Leiro, rememorou como a zona onde hoxe se realizaba a plantación foi asolada polas lapas fai dous anos: “Sufrimos un gran incendio en marzo que nos arrasou o cincuenta por cento do noso monte, por iso delegamos esta iniciativa a Amicos que collemos con moita ilusión”.

Nazareth Díaz

Nazareth Díaz xunto a membros da Ecobrigada

Nazareth Díaz, Coordinadora e Xestora do Programa Educativo Voz Natura agradeceu que contaran con eles para este acto, xa que Amicos tamén participa dentro do seu programa de educación medioambiental.

Inés Santé Riveira, Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, tamén deu as gracias pola invitación a este acto: “Recuperar a terra agraria é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia”.

Inés Santé Riveira

Inés Santé Riveira

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, agradeceu a Amicos que pensaran en Leiro para levar a cabo esta acción social: “Iniciativas coma estas son as que nos axudan a concienciar e sensibilizar, oxalá poidamos volver aquí nuns anos e teñamos unha gran masa forestal”.

Dende Amicos Queremos ser o motor de cambio e concienciación do coidado do ecosistema, da natureza e compensar as emisións de CO2.

alcalde de rianxo

Alcalde de Rianxo.

Amicos ZeroCO2

Este proxecto de Amicos para restaurar zonas incendiadas faise con técnicas de baixo impacto medioambiental e de alto impacto social. A mellora ambiental sumada á mellora social que supón a integración das persoas con discapacidade especialmente no mercado laboral dá sentido ao ser das nosas Ecobrigadas.

Estas accións van aliñadas co noso programa de RSC Herdanza Mater aberto a calquera organización ou empresa que decida sumarse.

Queremos ser o motor de cambio e concienciación do coidado do ecosistema, da natureza e compensar as emisións de CO2.