Durante a recollida, achegáronse ata a praia tamén para axudar José Manuel Dean, concelleiro de Medio ambiente e Magdalena Pérez, concelleira de Educación de Porto do Son. Querían coñecer de preto en que consiste este proxecto de protección medioambiental.
Carolina Castro, usuaria do Centro Amicos e participante do proxecto explicoulle aos concelleiros cales son as actividades que levan a cabo para contribuir á sensibilización medioambiental: “Facemos formacións en coles a través do Xogo Lixo Mariño, que é parecido á Oca; educamos en boas prácticas ás cofradías; facemos limpeza de praias, temos un App móbil propia e o distintivo Buque Azul para premiar aquelas embarcacións con boas prácticas na xestión dos seus residuos”, explicaba Carolina.
O nosos compañeiros, xunto coa axuda dos rapaces do instituto, conseguiron sacar un total de 27 quilogramos de lixo. Os membros do Concello de Porto do Son xa se fixeron cargo do residuos para clasificalos e reciclalos.
Esta limpeza da praia foi posible gracias á colaboración e patrocinio do Grupo Vegalsa.
RE-MAR pretende a redución de lixos mariños a través das persoas con discapacidade como motor de cambio e intenta fomentar a participación de institucións, traballadores do mar e a poboación en xeral.
Esta iniciativa impulsada por Amicos, xunto co Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en condición de socio, desenvólvese tamén coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar.