O equipo de validadores, formado por 4 usuarios e 3 técnicos, percorreron o camiño “A Orixe”, 120km que conectan o faro de Corrubedo (Ribeira) con Santiago de Compostela a través das súas 6 etapas.

Durante cada tramo identificaron as carencias de accesibilidade que atopaban e as reflexarón nun informe detallado que presentaron esta mañá.

Abrindo Camiño e un proxecto que pretende poñer en valor o patrimonio natural e cultural do Camiño de Santiago ‘A Orixe’. Este proxecto é beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

 

 

Na mañá de hoxe, o grupo de validadores da Asociación Amicos, encabezado por Macarena, residente no fogar Amicos, presentaron os asistentes un pequeno vídeo explicativo coa colocación do primeiro sinal de accesibilidade do camiño “A ORIXE”. A colocación foi no faro de Corrubedo.

Tivemos o pracer de contar  coa presenza de Manuel Mariño, presidente da asociación amigos do camiño do Barbanza “A Orixe” que dedico unhas palabras “É importantisimo que persoas como vós padades facer este camiño, desde a asociación sempre pensamos que o camiño “A Orixe” ten que ser para todos e todas, vós teredes sempre un espazo no noso camiño, xa que sodes uns peregrinos modernos e actuais”.

Tamén asistiu Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade do Barbanza Arousa que comentou “Quero agradecervos este esforzo en realizar o camiño para todos, xa que é moi importante para os nosos produtos turísticos, neste camiño podemos recibir todo tipo de viaxeiros, e para iso é moi necesario esa accesibilidade, tanto física, cognitiva, auditiva, etc. Temos que camiñar sempre cara un turismo para todos”.

Dos concellos polos que transcorre o camiño, Antonio Fernández, alcalde de Padrón mostrouse “Estou orgulloso de estar hoxe aquí, é un pracer, a verdade é que cando vexo proxectos deste estilo, a un se lle incha o peito por poder participar en iniciativas como estas, quero felicitar a ese equipo especial de validadores polo gran traballo realizado”.

Tamén estivo presente Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, “este camiño é novo, e quédanos moitisimo por mellorar para todas as persoas, a vosa visión axudanos moito”.

 

Pechou as intervencións, Ramón Doval, tenente alcalde do concello de Ribeira, que agradeceu a Amicos por seguir facendo un “labor excepcional, e un informe moi necesario, esperemos poder mellorar este camiño canto antes”.

O proxecto comezou a andar o día 11 de agosto dende o faro de Corrubedo, un lugar único onde o océano Atlántico é o protagonista. Na primeira xornada estiveron acompañados dun grupo de voluntarios Europeos do programa Xacobeando, ambos percorreron o 16,7 km detectando as necesidades de accesibilidade do tramo ata alcanzar a súa meta, na Guía.

A segunda etapa iniciárona o día 25 de agosto, esta vez percorreron parte da segunda etapa, saíndo desde A Guía ata a súa chegada a Pobra do Caramiñal, novamente acompañaronnos o grupo de mozos do programa xacobeando, durante esta etapa o grupo tamén fixo entrega dun pack que contiña, unha gorra, camiseta, cantimplora e unha bolsa de tea, aos viandantes cos que se atopaban no transcurso do camiño.

As seguintes etapas, as recorreron no mes de setembro, levando tamén a cabo o análise da accesibilidade do camiño e dando a coñecelo os viandantes que se atopaban no trascurso das xornadas. Nestas estiveron acompañados por integrantes da Asociación Cultura Pedro da Aroña, e tamén nenos e nenas do CEIP Castelao de Rianxo e o CEIP de Vite. 

 

Enlaces a medios:

El Correo Gallego

O Barbanza 

Diario de Arousa

 

 

AMICOS elabora un estudo de accesibilidade cognitiva no camiño A Orixe