AMICOS PRESTACHE APOIO NA BÚSQUEDA DE EMPREGO

Se tes algún grao de discapacidade física ou intelectual e buscas traballo ou formación, contacta facilmente con nós aquí ou no teléfono 981 865 716.

Contáctanos

Que podemos ofrecerche?

 

  • Acompañamento e apoio na realización do teu plan de vida.

  • O noso equipo está liderado por expertos con 10 anos de experiencia no reclutamento e intermediación de persoas con discapacidade.

  • Prestamos apoio a máis de 1247 persoas no ano 2023.

  • Acadamos 181 insercións no ano 2023.

  • Poñemos á túa disposición ofertas de emprego en empresas líderes nos principais sectores da nosa comunidade.

  • Estamos socialmente comprometidos a través de diferentes programas de emprego e RSC.

  • Contamos con diferentes programas de formación adaptados as túas necesidades.

Formación adaptada ás demandas do mercado laboral

 

En Amicos ofrecémosche formación actualizada e adaptada ás esixencias actuais do mercado laboral.

Facemos cursos de relacionados co crecemento persoal e coa motivacicón e tamén con habilidades máis enfocadas no emprego: prevención de riscos laborais, manipulación de alimentos, uso de carretillas elevadoras, emprego das novas tecnoloxías para a busca de emprego, traballos forestais e moito máis.

 

Servizo de orientación e guía personalizada

 

Os nosos cursos e obradoiros adaptados e prelaborais teñen como finalidade acompañar ás persoas para empoderarse e tomar as súas propias decisións sobre o  seu futuro laboral.

A aprendizaxe servizo  desenvólvense na Fábrica + Social, no centro especial de emprego ou nunha empresa real.

 

Apoio post laboral

Unha vez conseguida a inserción laboral, establécese un seguimento dos casos pormenorizado, destinado a prestar os apoios necesarios e formación continua á persoa.

Para desenvolver este labor, encomendamos un titor que se responsabiliza de realizar o devandito labor e de poñerse en contacto coa persoa responsable asignada no seo da empresa que corresponda.