CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL (CEEPR)
El apoyo para tu hijo es el más importante. Conoce nuestro Centro de Educación especial ( CEEPR), la respuesta educativa ajustada y de calidad para niños desde los 3 a los 21 años.
Contáctanos
En Amicos somos únicos por estes motivos:
1.- A FAMILIARIDADE
Amicos naceu no seo de varias familias que necesitaban apoio. Crecemos e conseguimos moito ao longo destes 20 anos, pero seguimos mantendo ese carácter paternalista, somos unha gran familia, coñecémonos entre todos e querémonos con todas as nosas virtudes e defectos.
2.- EQUIPO AMICOS
O noso equipo humano é único, tratamos de maneira personalizada cada caso para saber como mellorar as capacidades do usuario e axudar a construír o seu futuro máis inclusivo. Existe un equipo de máis de 100 profesionais que nos axudan no noso día a día: un equipo interdisciplinar:
-
-
- Psicólogos
- Terapeutas
- Logopeda
- Fisioterapeutas
- Auxiliares de enfermería
- Traballadores sociais
- Educadores e profesores
-
3.- A FORMA DE TRABALLAR
A nosa metodoloxía de traballo está baseada no apoio conductual positivo e a calidade de vida, saber que é o que queren e o que lles gusta aos nosos mozos para axudarlle a lograr os seus soños.
3.- A NOSA MOTIVACIÓN
Amicos segue traballando no día a día na procura do benestar das persoas con discapacidade intelectual. Somos persoas que axudamos a persoas. O seu sorriso é o noso motor e motivación para sorrir tamén.
3.- INSTALACIÓNS ÚNICAS
As nosas instalacións son versátiles e adaptadas ás necesidades de usuarios e traballadores. Ademais contamos con servizos únicos: un centro de rehabilitación especial e fisioterapia; un centro de día, un centro ocupacional para unha formación multidisciplinar e o Fogar Amicos que presta servizo os 365 días do ano.
3.- APOIO 360º
Apoio en toda a etapa vital, dende a Atención Temperá (0-6 anos), Colexio de educación Especial (3-21 anos), Centro de Día, Centro Ocupacional, Centro Especial de Emprego, Formación e Centro Prelaboral.