Na nosa asociación presentamos todas as actividades que levaremos a cabo para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar o sábado 2 de abril. Para elo, contaremos coa colaboración da Asociación de Empresarios de Boiro, Ribeira, Porto do Son, Rianxo, Pobra, Noia Histórica e Somos Rianxo.

Este ano volvemos a repetir a iniciativa de invitar a todos os comercios e negocios a que decoren as súas tendas de azul e empreguen pictogramas para identificar o tipo de comercio. Desta maneira, creamos entre todos contornas máis accesibles para conseguir a inclusión en todos os ámbitos da sociedade das persoas con autismo.

Xoan España, Director Xeral de Amicos: “O obxectivo da campaña é visibilizar que na sociedade na que vivimos existen persoas que teñen necesidades especiais e diferentes” e “que esa diversidade nos fai máis ricos porque eles poden aportar moitos dos valores que precisamos”. Rematou a intervención destacando a importancia da campaña para a “transformación da sociedade” e recalcando “o valor da cidadanía compartida”.

Nesta ocasión, hai algunha novidade. Unha delas é a realización dun sorteo para incentivar a compra no comercio local. Todas aquelas persoas que compren nos comercios de Boiro, Ribeira, Pobra, e Rianxo entre o 24 de marzo e o 2 de abril entrarán nun sorteo de 5 vales por valor de 50 euros proporcionados pola Asociación de empresarios de cada Concello. O premio deberá gastarse nos comercios adheridos á asociación de empresarios de Boiro, Ribeira, Rianxo, Pobra e Somos Rianxo.

Manuel Tomé, Presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal comprometeuse a formar “parte activa para que este proyecto se generalice” e “llamaré a la colaboración de todos los comerciantes”. Manuel Tomé: “Espero que con la ayuda y la colaboración de todos podamos apoyar a este colectivo”.

Para participar no sorteo, ademais de comprar no comercio local, deberán enviar o ticket de compra e co seu nome completo, teléfono e email a seguinte dirección de correo electrónico: diadoautismo@amicos.org.

Outra das novidades é que o comercio que mellor decore e ilumine de azul a súa tenda participará de forma gratuita no noso calendario solidario 2023. É moi importante que comparta as súas fotos a través do teléfono 697 41 91 10 ou nos etiquete nas nosas redes sociais:

Alfonso Pérez, residente do Fogar Amicos é o encargado de visibilizar este ano a todos os seus compañeiros e compañeiras con esta discapacidade e invita a todos a que envíen as súas mensaxes de que significa para eles ‘Un feliz viaje por la vida’, que é o lema do Autismo España deste ano.

Pola súa banda, Pilar Sampedro, Responsable Atención Integral Amicos fixo un chamamento: “Pedimos á comunidade que apoie a estas persoas con estas pequenas accións”. Explicou tamén que os colexios, ademais de decorar de azul, tamén poden enviar unha mensaxe explicando o que é para eles un viaxe feliz pola vida “dando renda solta a súa imaxinación”. Engadiu: “Todas aquelas persoas que queiran colaborar tamén poden enviar a través das nosas redes sociais o que sería para eles unha feliz viaxe pola vida”.

 

Traballemos todos xuntos para visibilizar e concienciar de que persoas como Alfonso deben ter as mesmas oportunidades que calquera outro cidadán. Pintemos este mundo de azul!

APOIA A ALFONSO