Esta semana contamos coa visita do presidente da Fundación Iberdrola España, Fernando García Sánchez, o director da Fundación Iberdrola España, Ramón Castresana e a responsable da Área Social da Fundación Iberdrola España, Teresa Rodríguez de Tembleque para coñecer de cerca o noso centro de Boiro e os proxectos que levamos a cabo.
Un de estes proxectos sociais é o ‘Work Inclusion Hub‘ que, co apoio e a financiación de Iberdrola, os xóvenes de entre 18 e 35 anos, con diversas discapacidades intelectuais, residentes en zonas rurais e en risco de exclusión social, conseguen adquirir as habilidades necesarias para incorporarse ao mercado laboral no seu lugar de residencia.
A Fundación Iberdrola leva colaborando coa nosa Asociación dende o ano 2018, financiando diversos programas da entidade e, por primeira vez, puideron coñecer de cerca o noso día a día no noso centro. Na súa visita, estiveron acompañados polo noso Director Xeral, Xoan España, polo responsable de Emprego e Empresas, Miguel Beiro, polo coordinador de Emprego e Empresas, Keltoi Cameán e por algúns dos integrantes de Amicos.
Grazas á colaboración de Iberdrola, máis de 600 persoas con discapacidade intelectual reciben pautas personalizadas que facilitan e impulsan a súa adaptación á nova situación á que se teñen que enfrentar, traballando tamén co seu entorno social e laboral.
Ademais, os representantes de Iberdrola puideron coñecer a algúns dos integrantes da nosa Ecobrigada e os servizos que prestamos para poder seguir camiñando conxuntamente a prol da mellora da calidade de vida dos colectivos máis vulnerables.
Dende Amicos agradecemos a implicación e colaboración de empresas como Iberdrola para mellorar a vida das persoas coas que traballamos. Grazas!
Queres sumarte ao cambio?