Amicos celebrou onte, xunto á Asociación para o Progreso da Dirección (APD), un encontro no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela, sobre a ‘Gestión de la diversidad: una oportunidad de cambio para las empresas’. O obxectivo principal da xornada foi analizar, cuantificar e valorar a inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral.

Un evento que trata de crear conciencia dende o sector público e privado para coñecer a situación real de este colectivo, aumentar a súa visibilidade, romper barreiras e captar o talento que se está perdendo.

O evento foi inaugurado por Ana Sánchez, Directora da Zona Noroeste de APD, xa que APD celebra os seus 20 Aniversarios da zona noroeste de APD poñendo o foco nas empresas socialmente responsables. Ana Sánchez agradeceu a colaboración de Amicos en este evento e recordou que “Las personas son el camino”.

Acompañouna Xoan España, Director Xeral de Amicos, que agradeceu a todos e todas por estar hoxe falando dun tema tan importante como a diversidade, pois “la diversidad ya es una realidad y el reto es gestionarla con un rol de ciudadanía compartida donde todos somos motores de nuestras empresas”.

O Director Xeral de Amicos remarcou a importancia de implementar de maneira auténtica os cambios que supoñen o cumplimento dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible). “Debemos trabajar con datos y proyectos reales. La diversidad es ya una preocupación palpable incluso dentro de las empresas, entre accionistas y personal interno. La dirección empresarial debe tomar el papel protagonista como agente del cambio”.

Tras a benvida, iniciaba a xornada Ana Fernández, socia responsable de diversidade en KPMG España, quen incidía na importancia de “incluir la diversidad en el negocio representa un cambio cultural. No puede depender del área de RRHH si queremos que tenga recorrido en la empresa”. Recalcou na necesidade de “crear entornos más inclusivos en las empresas” porque “una empresa inclusiva es más atractiva”.

A continuación, tivo lugar a mesa dedicada á diversidade na axenda do CEO. Moderada por Ana Fernández, participaron Rubén Martínez, Director Xeral para España e Portugal de Howden Iberia e Tatiana Suárez, directora de persoas e sustentabilidade do grupo Aluman.

Ambos directivos coincidiron en que a inclusión e a diversidade son factores “inevitables” para o crecemento dunha empresa. Rubén Martínez apuntou que “En un plan estratégico es imposible que no esté la diversidad”, mentres que Tatiana Suárez señalou a necesidade de “equidad” para “que todo el mundo tenga las mismas posibilidades”. Ademais, referíndose á diversidade que defineu como “la diversidad es que te inviten a la fiesta” e inclusión “que no te quieras marchar de la fiesta” Tatiana engadiu que “falta mucho, pero estamos en buen camino”.

O encontro concluíu cunha mesa de debate dedicada a coñecer diferentes casos de éxito de empresas galegas. Os asistentes poideron profundizar nas experiencias de Paloma Merino, directora de organización e persoas en EMETEL; Laura Vergara, responsable da Oficina de Desenvolvemento e Benestar en GRUPO CASTROSUA; Margarita Hermo, directora de relacións institucionais en JEALSA e Paul Tran, director de persoas e tecnoloxía en HIJOS DE RIVERA.

Laura Vergara recomendou que “se debe hacer más y hablar menos”. “Las empresas deben tener acciones y herramientas que tengan impacto en la sociedad porque si no lo hacen están fuera del mercado”.

Doutra banda, Margarita Hermo falou da relevancia de “crecer como empresa creciendo con nuestro entorno” e “El principal desafío de las empresas es transmitir al resto de la sociedad”.

Mostráronse novedosos proxectos que buscan apoiar a conciliación e o benestar do empregado, onde fixeron fincapé no trato personalizado como vehículo para reter talento e xerar un sentimento de pertenza. Todos os participantes desta mesa compartiron o seu desexo de “aceptar el desafío de liderar el cambio social” dende as súas respectivas organizacións. Un cambio que só pode facerse realidade coa implicación e o desempeño “auténtico” por parte da alta dirección.

O evento enmárcase dentro do programa CEPES, que participa en calidade de organismo intermedio do Programa operativo de inclusión social e economía social, cofinanciado polo FSE.