Onte fomos co noso proxecto Peneira a facer unha limpeza de lixo mariño a praia Areal, en Puebla. Contamos coa axuda dos rapaces e rapazas do Centro de Educación Primaria Salustiano Rey Eiras. Entre todos e todas, recollimos moitos plásticos e, sabes canto pode tardar en degrarse un plástico? Unha medida de 500 anos! Por iso, lle explicamos aos escolares que é moi importante que depositemos os residuos plásticos no contedor amarelo para que non acabe nos nosos mares.

Peneira é un proxecto financiado polo Grupo de Acción local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP).

Mañá é o turno de RE-MAR III, pois iremos a facer unha recollida de lixo a praia de Caveiro co IES Porto do Son. E, este sábado, viaxaremos ata a praia de Panxón, en Nigrán, para facer unha limpeza de praia con Alecrín Actividades. Vémonos alí ás 15:30 horas.

RE-MAR é un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFEIP Intermares.

Síguenos nas nosas redes para non perderte ningunha novidade!

Peneira: Facebook, Instagram, Twitter

RE-MAR: Facebook

Contamos contigo para cambiar o mundo?