Comezamos o mes de maio anunciando as novas actividades que temos preparadas en RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego. Esta semana os nosos compañeiros e compañeiras Adriana, Alfonso, Carmen e Javi foron a presentar o noso proxecto RE-MAR III ao Centro de Educación Primaria Salustianos Rey Eiras. Despois, foron todos xuntos a analizar o Río Xunderama, en A Pobra do Caramiñal. Grazas á empresa Ecoplanin por axudarnos!
Mañá iremos de 11:00 a 12:30 horas en compañía do CEIP A Escardia a limpar a Praia da Concha, en Vilagarcía.
E o sábado, algúns de nós, faremos a nosa primeira actividade de buceo! Estaremos xunto a Náutica Medusa limpando a Praia de A Corna, en Pobra. Limparemos tanto o areal como o mar. Os nosos compañeiros Alfonso e Miguel xa viviron esta experiencia o ano pasado e contáronnos que foi increíble!
Síguenos no noso Facebook e non te perdas ningunha novidade!
RE-MAR é un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidad , do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFEIP Intermares.
En canto ao noso proxecto Peneira, hoxe rematamos a nosa formación en Deseño e impresión 3D. Grazas a We Robots aprendemos que os plásticos poden ter unha segunda vida e facer obxectos biodegradables como un ‘LED Race’. Este é un circuito con diferentes luces LED para que poidas botar unhas carreiras cos teus amigos e amigas. O mellor de todo é que foi fabricado cunha impresora 3D como a que aprendemos a utilizar estas semanas. Queremos agradecer aos nosos profes de We Robots por ensinarnos cousas tan interesantes!
Non vos perdades ninguna novidade nas nosas Redes Sociais. Fai click enriba de Facebook, Instagram, Twitter!
PENEIRA é un proxecto financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa (Galp Ría De Arousa) a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP).