● Entre os asistentes estiveron Belén María do Campo Piñeiro, Directora Xeral de Patrimonio Natural, José Antonio Fernández, Director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, representantes do Campus do Mar, Xoán España, Director de Amicos, entre outros.
● As actividades continuarán pola tarde e estarán orientadas aos axentes da Red Natura 2000 e aos guías de educación ambiental accesible.

A Asociación Amicos celebrou hoxe unha Xornada de Transferencia de Resultados e Boas Prácticas adquiridas ata o momento no desenvolvemento do proxecto RE-MAR II no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na rúa Palma en Vigo.

O acto estivo guiado por Carmen Piñeiro, en representación as persoas con discapacidade de Amicos, e asistiron ao evento Belén María do Campo Piñeiro, Directora Xeral de Patrimonio Natural, que quixo destacar a importancia da xornada para “facer balance do que supón na práctica os proxectos que xa están executando e tamén os que van a vir nos próximos tempos”. Tamén fixo fincapé na implicación da cidadanía e das persoas con discapacidade na eliminación dos residuos mariños.

José Antonio Fernández, Director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, tamén quixo darnos a benvida o Centro de visitantes e ser partícipe desta xornada. Asimesmo, realizou unha presentación do labor que levan a cabo e concienciou da necesidade de preservar o entorno mariño e da necesidade de cambio social. José Antonio Fernández, remarcou que todavía “falta moito por facer”, aínda que o labor de Amicos é moi importante para impactar na sociedade.

De seguido, Alberte Román Losada, en representación do Campus do Mar da Universidade de Vigo, falou da presencia destas líneas de traballo que se deben seguir fortalecendo xa que traza “un vínculo entre a sociedade e as institucións” para desenvolver un mundo mellor.

Outro dos partícipes foi Xoan España, Director de Amicos, que destacou a importancia de proxectos como RE-MAR, pois “supón un cambio fundamental na inclusión e no medio ambiente” e quixo agradecer aos “imprescindibles no proxecto”, as persoas con discapacidade que actuaron como guías medioambientais. Ademáis, remarcou que “cando facemos as cousas ben e cando traballamos o recoñecemento chega”, pois Amicos é finalista aos Premios European Social Services Awards da Unión Europea.

A continuación, representantes e membros da Amicos fixeron unha exposición explicando máis en profundidade en que consiste RE-MAR e o que se leva feito ata o momento. Ademais, Juan Pombo, integrante da Asociación, deu a coñocer a aplicación de RE-MAR e como se pode utilizar.

Beatriz Noya, Isabel Moreno e Cynthia Gómez de ECOTOX, do Campus do Mar da Universidade de Vigo, foron as seguintes en mostrar unha exposición do traballo que levan a cabo para concienciar das necesidades medioambientais. Fixeron referencia aos tipos de plásticos que soen atopar nos litorais mariños nos que traballan. Quixeron deixar a mensaxe de que “prevenir es mejor que lamentar” e agradeceron a labor de Amicos neste ámbito. 

A Xornada de Transferencia de Resultados e Boas Prácticas continuará a partir das 16:00 horas con actividades orientadas aos axentes da Red Natura 2000 e aos guías de educación ambiental accesible.

RE-MAR II está impulsado por Amicos en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia gracias a Fundación Biodiversidade, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e conta coa colaboración da Universidade de Vigo – Campus do Mar.

A Xornada enmárcase no Programa Pleamar, que pretende reforzar a sostenibilidade do sector pesqueiro e acuícola español. O proxecto RE-MAR II: Custodia ambiental para a reducción de residuos no Espacio Mariño Protexido das Rías Baixas busca fomentar as medidas de sensibilización e divulgación de códigos de boas prácticas para a redución de residuos, a través de actividades divulgativas tanto co sector pesqueiro como cos núcleos de poboación costeiros e próximos a ríos que desembocan na zona de afección do Espacio Mariño Protexido das Rías Baixas.

Os deixamos vídeo da xornada.