Amicos estrea tres proxectos dentro do programa empleaverde da Fundación Biodiversidad. O obxectivo común de todos eles é insertar laboralmente a máis do 22% dos participantes totais nos programas relacionados coa economía verde. Para iso, contarán co apoio e o acompañamento do equipo de orientación e emprego da asociación.

As zonas de actuación dos proxectos serán as Rías Baixas de Galicia, poñendo especial atención ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e ao Parque Nacional de Corrubedo, a devesa extremeña e o Parque Nacional de Monfragüe, así como a zona máis occidental de Andalucía, con especial atención ao Parque Nacional de Doñana, ao Parque Nacional da baía de Cádiz e o Parque Nacional do Estreito de Xibraltar.

Un dos proxectos é o denominado ‘Intercostas II: Turismo costero sostenible’, no que se desenvolverá nove accións formativas repartidas entre Galicia e Andalucía que abarcarán temáticas como a necesidade de fomentar o turismo responsable dentro dos espazos naturais protexidos. Para iso, conta coa colaboración do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e o PN de Doñana, lugares nos que se impartirán algunhas das prácticas formativas.

O segundo proxecto é o titulado ‘New Forest: mitigación y adaptación al cambio climático en espacios naturales’, que pretende capacitar ás persoas desempregadas na xestión da mitigación e adaptación ao cambio climático a través da realización de catro itinerarios formativos para a posta en valor do medio natural e rural. A finalidade é xerar novas oportunidades de emprego verde en zonas demograficamente deprimidas. Para alcanzar os resultados esperados, cóntase co apoio do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e a Fundación Dolores Bas de Arus de Extremadura.

Por outra parte, o proxecto ‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’ emprega a innovación para a inserción laboral. As persoas participantes recibirán formación, asesoramento e acompañamento gratuíto adaptado ás características territoriais, ao perfil de cada persoa e ás súas necesidades. O itinerario que ofrece o programa está completamente ligado aos Obxectivos de Desarrollo Sostenible (ODS), pois os participantes serán formados para actuar como ‘Axentes dinamizadores dos ODS’ no seu territorio e se creará conciencia sobre a necesidade de xerar novos empregos relacionados coa economía verde e a innovación social que podan ser liderados por persoas con discapacidade intelectual.

‘Innova-Empleo: Experiencias de innovación local para el empleo’ tamén impulsa o esforzo entre entidades para xerar unha rede de traballo nacional para a búsqueda, detección e impulso de oportunidades de emprego verde ou azul adaptado. Para iso, Amicos contará coa colaboración directa da asociación gaditana ASANSULL, o PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e a empresa extremeña INSERTUS.

Todos estes programas, centrados nunha área de interese e unhas temáticas específicas, tratan de xerar novas oportunidades de emprego verde destinado á persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social. Sobre todo, traballan na inserción de persoas con discapacidade intelectual, xa que é un dos colectivos máis afectados polo desemprego.

Os tres proxectos contan coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico a través do Programa Emplea Verde, financiado polo Fondo Social Europeo.