Amicos e Conservas Antonio Pérez Lafuente – Pan do Mar continúan a súa colaborarión para lograr futuros verdes e inclusivos. Nesta ocasión, para o coñecido proxecto RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no Espacio Mariño Protexido do Arco Atlántico Galego.

A empresa familiar galega, Pan do Mar, participou na limpeza de lixo mariño na praia Compostela, en Vilagarcía de Arousa, que tivo lugar onte xunto coa asociación de maricadoras e turismo mariñeiro, Amarcarril. Entre todos e todas, conseguíuse retirar máis de 300 trozos de plásticos e máis de 130 cabichas. Estes obxectos foron os máis abundantes no areal.

Miguel Beiro, Responsable da área de Empresas e Emprego de Amicos declarou que “dende Amicos.org seguimos co noso compromiso de coidar dos nosos coidando do noso”. Neste proxecto, as persoas con discapacidade actúan como guías ambientais para concienciar á poboación xeral, pois “que nos mostren o camiño a seguir no coidado do entorno lanza unha mensaxe mói potente sobre a concienciación e a sensibilización sobre os temas medioambientais”, engadiu Miguel.

Por outra parte, dende Conservas Antonio Pérez Lafuente-Pan do Mar, “nos sentimos muy orgullosos de poder colaborar con organizaciones como Amicos, participando y patrocinando acciones para la inclusión social”. Engadiron que “queremos poner nuestro granito de arena en actividades que contribuyan a la concienciación y mejora de nuestro privilegiado entorno natural”.

No que levamos da terceira edición de RE-MAR III, xa se conseguiron movilizar a máis de 700 persoas que abarcan desde os máis pequenos ata idades máis adultas. E, espérase seguir involucrando a poboación xeral a través de accións de limpeza de praias, sensibilización, evaluación de boas prácticas en embarcacións, etc.

A seguinte actividade de RE-MAR III está programada para este sábado, onde se viaxará con Mar de Aguiño ata a Illa de Sálvora para facer unha recollida de lixo mariño. Nas redes sociais do proxecto publícase cada semana as actividades programadas nas que poder participar calquera persoa que así o desexe.

Por iso, como destacou Miguel Beiro, as alianzas coma a de Pan do Mar son moi importantes para abordar o proxecto e alcanzar unha cidadanía compartida. Ademais implica o “seu compromiso cos criterios ASG e coa incorporación dos ODS nos seus valores de xestión” porque “xuntos construiremos, pouco a pouco, futuros inclusivos e verdes”.

Dende Conservas Antonio Pérez Lafuente-Pan do Mar xa adiantaron que “esperamos y deseamos que próximamente podamos llevar a cabo más actividades juntos”.