A Asociación Amicos súmase a celebración do Día Mundial do Orgullo LGTBI. No noso Centro de Atención Integral de Boiro eleximos unha parede das instalacións onde vinilamos a bandeira do arco iris coa axuda dos técnicos e usuarios da Asociación.

Baixo o hashtag #orgullo os traballadores e todos os membros do centro se sumaron a sacar fotos no noso novo muro da diversidade.

 

O mes de xuño é o mes da diversidade. Por ese motivo, durante estas semanas tamén fixemos actividades formativas e de sensibilización. Nós máis que ninguén sabemos o que é ser un colectivo minoritario e moitas veces rexeitado na sociedade, por iso nos unimos a reivindicación dos dereitos das persoas homosexuais.