O ano 2020 desatou un chamamento social á solidariedade sen precedentes na nosa historia.
Nesta crise sanitaria e social vimos como xurdía unha cidadanía comprometida e disposta a implicarse nas distintas emerxencias e problemas humanos que xerou a pandemia.
Dende a nosa asociación queremos reivindicar o labor das persoas voluntarias que estiveron en primeira liña afrontado medos, asumindo riscos e tomando todas as precaucións ao seu alcance para cumprir co seu compromiso. Recoñecemos o labor de quen realizou esforzos para adaptar o voluntariado á nova realidade imposta polo COVID e a quen achegou ideas e enerxía para chegar a todas as zonas de sombra que desatou a pandemia.
O voluntariado é compromiso a longo prazo, o voluntariado é empatía. É necesario que, desde as administracións, as empresas ou a educación apóiese e promova a acción voluntaria de maneira permanente. Hai que inculcar unha cultura da solidariedade na cidadanía, desde a infancia ata a vellez, porque non existe outra aposta máis segura que o fomento do voluntariado.