Hoxe, 18 de Febreiro, conmemoramos o Día Internacional do Asperger en Amicos. Na nosa asociación traballamos directamente con esta patoloxía e celebramos esta xornada para visibilizar e sensibilizar á poboación co fin de acadar a plena inclusión social das persoas afectadas.

Durante toda esta semana, dende a nosa asociación, levamos a cabo unha campaña de sensibilización para informar e concienciar á sociedade sobre este trastorno. Unha patoloxía que, aínda que non é tan coñecida, tamén visibilizan personaxes tan diversas como o revolucionario tecnolóxico Bill Gates ou o director cinematográfico Tim Burton, a activista Greta Thunberg ou o actor gañador dun Óscar Anthony Hopkins.

O asperger atópase encadrado nos TEA ou Trastornos do Espectro Autista, aínda que polas súas competencias intelectuais e lingüísticas mantense como unha entidade diferenciada do autismo clásico. Trátase dun trastorno moi frecuente que afecta a un de cada 150 nados, pouco coñecido entre a poboación xeral e mesmo por moitos profesionais.

Neste vídeo, Sihomara Agrafojo, técnica de desenvolvemento de Amicos explícanos qué é o Asperger, cales son as súas características e a importancia da súa detección e diagnóstico na idade temperá para recibir o apoio educativo e familiar necesario para poder levar unha día a día habitual.

Sihomara explica que o máis importante para crear un bo ambiente para traballar con estas persoas é “fuxir de métodos cambiantes, necesitan ambientes rutinarios, estructurados e cognitivamente accesibles”. E é que todos podemos contribuir e axudar na comunicación dunha persoa con Asperger, evitando a sobrecarga de información e engadindo pictogramas explicativos e fotografías para facilitar a súa autoxestión.

Ademais contamos co testimonio dunha persoa moi especial para a nosa asociación, trátase de José María Baso, técnico da Ecobrigada da Asociación Amicos. O noso compañeiro ten diagnosticado Asperger e gracias aos apoios necesarios, ten un grao en Inxeñería Forestal pola Universidade de Vigo e un Máster en Riscos Laborais.

Ti podes axudarnos a que máis persoas coma o noso compañeiro Baso poidan alcanzar os seus soños…

FAITE AMICO