Hoxe protagonizamos xunto a Fundación Capital Energy unha xornada de sensibilización e concienciación medioambiental con máis de 30 alumnos e alumnas do IES Poeta Añón de Outes titulada ‘Herdanza Máter: A ruta das Fervenzas’. O obxectivo da xornada foi que os profesores verdes de Amicos organizaran unha limpieza de residuos na zona de forma conxunta para concienciar ao alumnado da importancia de coidar da nosa natureza e da súa biodiversidade.
O evento celebrouse con motivo da finalización dos traballos das Ecobrigadas de mantemento e posta a punto do sendeiro da ruta das Fervenzas que bordea o río dende a Capela de San Paio ata a antigua central eléctrica. En recoñecemento do seu traballo e en agradacemento a Fundación Capital Energy inagurouse, igualmente hoxe, unha placa conmemorativa.
Miguel Beiro, Reponsable da área de Emprego e Empresas de Amicos: “Para a asociación Amicos é moi importante que organizacións como Capital Energy, así como o Concello de Outes e Mazaricos se impliquen na conservación e coidado medioambiental de estes proxectos liderados por persoas con discapacidade”.
Pola súa banda, Xabier Monteagudo, Responsable de Promoción en Galicia de Capital Energy, manifestou: “A nosa colaboración con Amicos reafirma que o obxectivo da compañía é crear valor social, económico e ambiental para a nosa comunidade, especialmente naqueles concellos donde desenvolvemos os nosos proxectos. Capital Energy non só contribúe de forma decisiva ao reto que implica descarbonizar a economía mediante as enerxías renovables, senón que impulsa coa súa actividade o desenvolvemento e benestar dos territorios nos que opera”.
Por parte de Capital Energy tamén asistiu Eduardo Baeza, director de Relacións Institucionais de Capital Energy; Carla Mayor, Relacións Institucionais en Fundación Capital Energy e Eva González, promotora de Santiago de Compostela de Capital Energy.
Ademais, estivo presente no acto o Alcalde de Outes, Manuel González López, que agradeceu a Amicos o traballo alí feito e “a posta en valor da ruta das Fervenzas”. Do mismo xeito, o acto contou con Jorge Villar Cobas, Concelleiro de Deportes de Mazaricos e Martín Fernández, Concelleiro de urbanismo, obras e medio ambiente de Noia.
Como explicou Keltoi Cameán, Coordinador da área de Emprego e Empresas de Amicos: “Esta acción englóbase dentro do proxecto ‘Herdanza Máter’, que a asociación Amicos desenvolve con organizacións como Capital Energy que queren sumarse ao desenvolvemento das persoas con discapacidade no eido medioambiental”.
‘Herdanza Máter’ é un proxecto de responsabilidade social medioambiental impulsado por Amicos. Baixo esta idea, as persoas con discapacidade de Amicos lideran accións de mantemento e conservación de entornos con alto valor medioambiental en zonas como parques naturais. Así, destácase a importancia do voluntariado e a concienciación co entorno natural a través de labores de resforestación de especies autóctonas, eliminación de especies invasoras e restauración do patrimonio.