Dende Amicos continuamos sensibilizando sobre a necesidade de coidar da nosa Terra para lograr, entre todos, un futuro sostible e inclusivo.
No proxecto RE-MAR III viaxamos ata Cangas de Morrazo para levar a nosa mensaxe verde e inclusiva a todos e todas. Alí, estivemos no porto evaluando as boas prácticas na xestión de residuos en embarcacións e explicándolle a todos os cangueses e canguesas o noso proxecto, onde é moi importante a involucración de toda a cidadanía.
Ademais, estivemos limpando os residuos mariños da praia de Rodeira coa colaboración das mariscadoras da zona e coa empresa de Buceo Rías Baixas realizamos unha limpeza de fondos mariños e areal na praia de Arneles, onde recollimos máis de 33 kilos! Algúns de nós realizamos o noso primer bautismo e foi alucinante!
E, como sen a colaboración de todos e todas, RE-MAR III non sería posible, comezamos a entrega de recoñecementos a escolares pola súa implicación e involucración nas nosas actividades medioambientais.
RE-MAR é un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecológica e Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proyecto es complementario al proyecto LIFEIP Intemares.
Por outra banda, en Peneira xa comezamos coas nosas exposicións itinerantes onde empregamos os residuos recollidos para crear conciencia en toda a sociedade de que non se debe botar o lixo ao chan, pois eseses residuos acaban nos nosos mares e son inxeridos polas especies mariñas. Isto fai perigar a supervivencia de miles de especies que viven nos nosos mares e incluso aos seres humanos.
Esta semana tamén estivemos visitando diferentes mercados e establecementos hostaleiros dos Concellos de Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira para valorar as súas boas prácticas ambientaise e fomentar un consumo responsable e sustentable.  Si cumplen os requisitos e respectan o medio ambiente, podrán adherirse ao selo de calidade de Buque Azul.
PENEIRA é un proxecto financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP).
Participa nas nosas seguintes actividades ambientais!