Esta semana comenzamos unhas novas formacións grazas a Tic Tac Capacitación Digital de Fundación Esplai que conta coa financiación de fondos procedentes del 0,7% del IRPF que xestiona a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

Neste curso realizaremos Actividades e xogos para estimular o cerebro. Na primeira xornada comezamos cuns bolígrafos 3D, onde traballamos as dimensións e o volume a través da impresión 3D.

O resto de días “adestraremos” o cerebro mediante a gamificación con apps útiles e mesmo un escape room o que permitirá traballar a cognición: xogos que permiten adestrar a memoria, a percepción auditiva e visual, a flexibilidade cognitiva, a coordinación (ollo-mano e tempo de resposta) e a atención a través das novas tecnoloxías.

 

A semana que vén comezará a segunda das formacións, esta será de 4 días.

Alfabetización básica a través do smartphone. Nela traballaremos as competencias dixitais básicas para o manexo do smartphone, de maneira que as persoas poidan acceder a información e recursos dispoñibles na internet. Sempre irán da man de pautas de uso seguro e responsable, necesarias para saber como responder ante intentos de fraudes.

Por último traballaremos unha parte moi importante, como comportarse nas redes sociais de forma segura.