A Ecobrigada da Asociación Amicos comezou un proceso de rehabilitación do Xardín Botánico das Bodegas Granbazán. O obxectivo deste traballo é poñer en valor este espazo para a realización de eventos ao aire libre e catas de enoturismo, e así coñecer os viños que produce esta bodega que se atopa no corazón das Rías Baixas. Dende a Bodega, viron unha oportunidade de empregar esta parte das instalacións para acoller visitas este verán de 2021.

Manuel da Ecobrigada.

“Queremos que este sitio quede enmarcado pola gran labor social da Ecobrigada”, indicaba Adolfo Picáns, director financieiro da Bodega. Botaron man da Ecobrigada, un equipo formado maioritariamente por persoas con discapacidade intelectual e autismo que se adica a prestar servicios de conservación de montes, parcelas rurais e xardíns. A través deste espazo inclusivo, conseguiuse o desenvolvemento persoal e profesional de persoas con discapacidade intelectual.

Dende Grabanzán indican que o máis importante para a compañía é poder darlle unha oportunidade as persoas con discapacidade e que a actuación sexa nun lugartan relevante para eles, aínda o fai máis especial. “Estamos moi contentos coa forma de traballar da Asociación Amicos xa que buscan a inserción das persoas con discapacidade”, indicaba Adolfo Picáns.

“Eleximos a Ecobrigada e non unha empresa convencional polo seu valor social, que tamén vai en consonancia cos valores de RSC, calidade humana e familia que ten a Bodega”, afirmaba Carina Vázquez, Responsable de Enoturismo da bodega.

Carina Vázquez.

Dende o equipo da Ecobrigada, aínda que acaban de comezar, están moi contentos: “É un gran reto a rehabilitación deste espazo, xa que ten unha multitude de especies vexetais diversas cun gran valor” así contaba a súa experiencia Carlos Vázquez, capataz da Ecobrigada deste equipo.

A brigada desta actuación está constituída por un capataz e tres peóns forestais con discapacidade en risco de exclusión social. Esta iniciativa pretende impactar positivamente na conservación e protección de especies lonxevas que ten este xardín botánico.

⇓ Se precisas contratar dos servizos da Ecobrigada non o dubides, contacta na seguinte ligazón ⇓

WEB DA ECOBRIGADA