A formación pertence ao programa “Máis Emprego” desenvolto pola asociación Amicos en colaboración coa Fundación “La Caixa” e o Fondo Social Europeo.

Hoxe, 30 de novembro, Amicos clausurou o seu curso “carretilla elevadora” impartido na academia Ara Formación, en Pontevedra. Trátase dunha formación pertencente ao programa “Máis Emprego”, dirixido a persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.

A acción formativa durou 24 horas en modalidade mixta, sendo 16 horas online e 8 presenciais. Os 13 alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A empresa que impartiu a ensinanza é ARA FORMACIÓN, buscando achegar aos usuarios ao mercado laboral.

O conselleiro de benestar social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey Pazos, dedicou unhas palabras aos presentes, relatando como “para o concello foi un pracer ceder espazos na CASAZUL para contribuír á formación dos que máis o precisan”. Deste xeito, tamén reafirrmou a boa disposición do Concello para axudar aos participantes. Actividades como esta facilitan as posibilidades de inserción ao enfocarse á propia demanda laboral.

Asemade, o responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos, Miguel Beiro, agradeceu a participación dos usuarios. Recoñeceu o esforzo realizado e animounos a manter unha actitude positiva cara o mundo laboral.

Por último, destacar a asistencia de Marta Besada e Rosa Agrelo, técnicas de Amicos e encargadas da organización deste programa “Máis Emprego”. Ambas tiñeron palabras de ánimo para os participantes e de agradecemento para o Concello de Pontevedra. Accións coma esta só poden realizarse coa axuda e predisposición das partes implicadas.