Amicos realiza un curso de cociña de 40 horas en Porto do Son. Este curso de cociña levouse a cabo no Viveiro de Empresas de Porto do Son, no que no día de hoxe, 25 de xuño de 2021 a entrega de diplomas do Curso de Cociña que se desenvolveu durante todo este mes de xuño nas instalacións de cociña do Viveiro.

Alumnas con Miguel Mosteiro.

Neste curso de cociña participaron un total de 11 mulleres de diferentes poboacións de Porto do Son.

O acto de entrega estivo presidido por Jose M. Pazó, orientador Laboral do Concello de Porto do Son; Manuel Mariño, presidente da Asociación de Empresarios de Portosín; o formador do curso Miguel Mosteiro, xefe de cociña en Gastrolab Arousa; e Miguel Beiro, responsable da área de emprego de Amicos.

Miguel Beiro e unha alumna do curso.

Sabemos que a vosa implicación foi excelente e esperamos unha pronta inserción laboral”, así lle daba os parabéns Miguel Beiro as integrantes deste curso.

“Temos asociada moita xente en hostalaría e esperamos pronto contar con vós para próximas insercións laborais”, reafirmou Manuel Mariño, presidente da Asociación de Empresas de Portosín.

Jose Pazó, salientou o feito de poder seguir contando con Amicos para realizar cursos e mellorar a formación dos veciños do concello para a súa inserción laboral.

Show Cooking en directo

Tras a entrega de diplomas levouse a cabo un Show cooking de elaboracións feita polas propias participantes do curso para por en valor todo o aprendido. “Queda inaugurado o catering deste obradoiro”, indicaron as cociñeiras.

Shoow cooking en directo.

“Tiveron unha implicación moi notable. Cada día fixemos entre seis e oito elaboracións, intentando facer sempre un menú completo con un ou dous postres. Tamén intentamos que os platos foran variados entre carnes e pescados”, explicaba Miguel Mosteiro, formador do curso. A nivel técnico adquiriron habilidades en diferentes tipos de cortes, fumés, sofritos, masas e moita variedade de repostería.

“O que máis me gustou foi aprender a facer repostería e diferentes tipos de salsas. Agora gustaríame traballar de axudante de cociña”, expuxo Mª Carmen, integrante do curso.

Miguel Mosteiro entregando un título a unha das alumnas

Este proxecto está densenvolto dentro do Proxecto Más Empleo en colaboración con Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, que permite mellorar a formación e a empregabilidade de persoas con Discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Esta acción formativa tamén tivo un complemento do título de manipulador de alimentos para 8 das participantes.

Proxecto Más Empleo

A Asociación Amicos está a desenvolver o Proxecto Más Empleo en colaboración coa Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente con discapacidade, no ámbito do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo para España.