Os dez alumnos que realizaron a acción formativa recibiron un diploma en recoñecemento do seu esforzo.
A formación iniciouse o 27 de febrero e dirixiuse a persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.

Peche do curso “Servizo de Cátering”, pertencente o programa “Más Empleo” que desenvolve coa Fundación “La Caixa” e o Fondo Social Europeo, a formación impartiuse no viveiro de Empresas da Estrada e contou coa colaboración de Valenciaga Cátering e o Concello da Estrada.

Os dez alumnos participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas na modalidade presencial.

A empresa ARA FORMACIÓN foi a encargada de impartir a ensinanza, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.

 O peche acudiu José López Campos, alcalde da Estrada, quen afirmou que “para o concello foi un pracer ceder espazos para contribuír á formación dos que máis o precisan”,con isto aproveito a ocasión para felicitar  ás persoas que completaron a formación, e está convencido que con este tipo de cursos, que teñen unha elevada demanda, favorécese a posibilidade de inserción no mundo laboral. 

 

 

Tamén estivo presente Óscar Dúran, Concelleiro de emprego da Estrada, “desde o consistorio atopámonos á disposición das persoas máis vulnerables para o que necesiten” e agradeceu á Asociación Amicos a súa aposta e compromiso co Concello.

 A formación desenvolveuse grazas ao apoio da empresa local Valenciaga Cátering, que no ultimo ano foi galardoada co premio Xove Empresarix Pontevedra 2022, outorgado pola Asociación de Jovenes Empresarios (AJE) de Pontevedra. O seu xerente, Óscar Rivas, quen estivo presente neste acto, animou aos participantes a perder o medo e iniciarse no mundo da hostalería, xa que as condicións do sector evolucionaron e é unha moi boa opción de emprego.

 Doutra banda, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara o mundo laboral.

 

 

Entre os asistentes tamén estiveron Rosa Agrelo e Marta Besada, técnicas de Amicos no programa “Más Empleo” que quixeron agradecer o alumnado o seu interés e constancia ao longo de todo o curso. Asemade, dedicaron unha palabras de agradecemento ao Concello de A Estrada e o grupo Valenciaga Catering.

Por último, Pablo Penide, orientador de Amicos no concello da Estrada, “Estou moi satisfeito e orgulloso pola implicación de todos os participantes e sobre todo dos seus resultados”.

Noticias en medios

Faro de Vigo

O Barbanza.gal

La Voz de Galicia