Os quince alumnos realizarán a formación de “Atención á Clientela” enmarcado dentro do programa “Más empleo” de Fundación “La Caixa”. A formación finalizará o día 19 de maio e está dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.

Amicos iniciamos a mañá de onte o curso “Atención á Clientela”, pertencente ao seu programa “Más Empleo” que desenvolve co apoio da Fundación “A Caixa” e o Fondo Social Europeo, a formación desenvólverase no centro social do Concello de Boiro e contou coa presenza de don José Ramón Romero García, alcalde de Boiro.

A formación vai dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, o curso no que participan 15 alumnos e alumnas terá unha duración de 40 horas na modalidade presencial, durante o mesmo terán a posibilidade de aprender e desenvolver tarefas enfocadas ao sector comercio, sendo Boiro un dos puntos da comarca referentes neste sector.

A empresa ARA FORMACIÓN é a encargada de impartir a ensinanza, a cal permitirá achegar aos participantes ao mercado laboral.

 

 

Romero, alcalde de Boiro, fixo fincapé na importancia de que se leven a cabo iniciativas como esta e parebenizou o traballo da Asociación Amicos neste eido. “A formación para o emprego é fundamental para adquirir novas habilidades e actualizar coñecementos polo que agardo que saquedes o máximo rendemento a esta formación e que moi pronto esteades traballando nalgún comercio do municipio”.

Tamén estivo presente Francisco Ríal, xerente de Ara Formación, que animou aos participantes ao mesmo tempo que quixo “lembrar que debedes aproveitar este tipo de formacións e sacarlle o maior proveito, formarse é sempre crecer, tanto a titulo académico como persoal”, ademais agradeceu á nosa Asociación Amicos que sigamos apostando por eles para impartir este tipo de formacións.

Doutra banda, Keltoi Camean, coordinador da área de Alianzas e Emprego de Amicos recalcou que “Dende Amicos apostamos pola empregabildiade das persoas con discapacidade e/ou en exclusión social buscando sempre opcións formativas que se adapten á realidade do sector do comercio en Boiro”. “Agradecemos o apoio institucional que reforzará a motivación dos e das 15 alumnos e alumnas do Concello”.

Entre os asistentes tamén estiveron Rosa Agrelo, técnica de Amicos no programa “Más Empleo”, animou a todos os alumnos e alumnas para que finalicen a formación con éxito, “Seguro que grazas a ela facilitarémosvos un pouquiño máis o acceso ao mercado laboral”.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
OBARBANZA

Para máis información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org