Preto de 40 voluntarios e voluntarias de ambas as entidades déronse cita hoxe para levar a cabo unha xornada de sensibilización ambiental na Pobra do Caramiñal.
Grazas a esta acción conseguíronse retirar máis de 29 Quilos de lixo ao longo dun roteiro de 3,5 quilómetros que transcorre pola senda verde de San Isidro.

Co obxectivo de visibilizar a súa aposta pola sustentabilidade e preservación da contorna natural, Congalsa promoveu esta mañá en colaboración coa Asociación Amicos unha acción conxunta de sensibilización e limpeza ambiental por un roteiro de San Isidro, na Pobra do Caramiñal.

No marco desta iniciativa, durante a mañá de hoxe sumáronse á xornada voluntarios e voluntarias de ambas as entidades para levar a cabo tarefas de sensibilización e limpeza. Foron preto de 40 as persoas que se deron cita neste encontro para combater a basuraleza e a redución dos residuos nos espazos naturais. Nesta batida de limpeza recolléronse 19 kgs de plásticos, 7 de mestura e 3 de papel. Entre os residuos atopados destacamos, cabichas, latas e envases de plástico. Os voluntarios e voluntarias saíron ás 10.30 horas da estación de autobuses da Pobra para desprazarse andando ata San Isidro.

Miguel Beiro, responsable de Alianzas & Empresas de Amicos, agradeceu a colaboración dos voluntarios e voluntarias de CONGALSA, xa que esta actividade supón “ Para Amicos este tipo de colaboracións con empresas é un piar importante xa que axúdanos a seguir coa nosa tarefa de Coidar do noso, coidando dos nosos ”.

Pola súa banda, Isabel Canas, directora de relacións externas de Congalsa, destacou a relevancia desta actividade ao poñer en valor o compromiso da empresa coas premisas da sustentabilidade ambiental e preservación da contorna, «dúas das liñas de acción máis destacables de cantas impulsamos en termos de gobernanza corporativa».

Sustentabilidade como eixo central de RSC en Congalsa

A xornada impulsada en colaboración con Amicos enmárcase dentro da política de responsabilidade social corporativa de Congalsa, que ten como un dos seus eixos centrais promover un modelo empresarial que sexa respectuoso e conciliador coa sustentabilidade ambiental. Poñer en valor esta aposta constitúe, por tanto, o obxectivo da acción simbólica de hoxe, a primeira deste tipo que se pon en marcha en Congalsa.

A Asociación Amicos, contribúe a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro autista, con parlálisis cerebral, e ás súas familias.

NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICIA
O BARBANAZA.GAL
FINANCIAL FOOD

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org