Preto de 40 voluntarios de ambas as entidades déronse cita na xornada de hoxe na Praia Xardín de Boiro para levar a cabo as tarefas de limpeza

AMICOS a través do proxecto RE-MAR, retirou nos últimos dous meses máis de 18 quilos de residuos dunha decena de praias galegas

Esta acción enmárcase no convenio de colaboración asinado durante a xornada de RSE de Vegalsa-Eroski a través do cal a compañía doou 8.000 euros para cofinanciar esta iniciativa, exemplo do compromiso ambiental do grupo.

No marco do convenio de colaboración formalizado o pasado mes de maio entre Vegalsa-Eroski e a Asociación Amicos para o coidado das costas galegas; persoal de Responsabilidade Social Empresarial ( RSE) e de Calidade e Medio da compañía galega de distribución alimentaria sumouse na xornada de hoxe aos voluntarios de AMICOS para levar a cabo tarefas de limpeza na Praia Xardín da localidade coruñesa de Boiro. Foron preto de 40 as persoas que se deron cita neste encontro para combater a basuraleza e a redución dos residuos en espazos mariños protexidos das Rías Baixas, entre usuarios e técnicos da Asociación, entre os que se atopaban o seu director xeral, Xoan España, e o responsable de emprego e empresas, Miguel Beiro, ademais de persoal de Vegalsa-Eroski, entre os que se atopaba a súa directora de RSC e Comunicación, Gabriela González, el director de calidad y medio ambiente, Ricardo Castro e por último tamén asistiron o director do parque nacional das illas Atlánticas, Jose Antonio Fernández Bouzas e Jose Romero, director adxunto do parque nacional de Cabrera en Baleares.

 

 

É esta batida de limpeza participaron un total de 40 persoas e recolléronse 15,5kg de plásticos, 1,5 de mestura, 100gramos de metal e 0,7kg de papel. Entre os residuos atopados destacamos, cabichas, cordas, cabos, escarvadentes de batea, etc.

 

 

Limpeza e conservación da costa galega

Trátase dunha iniciativa de valor compartido, no que participan distintos axentes sociais, con dous eixos de traballo: por unha banda, a recollida, clasificación e valorización dos residuos e, por outro, a formación de educación ambiental e a sensibilización nos colexios.

De feito, nestes dous últimos meses, os equipos de limpeza, formados por voluntarios e técnicos da Asociación, realizaron un total de dez acciones de limpezas nos distintos areais da comarca, coa participación de 155 voluntarios, facendo posible a recollida dun total de 11,25 quilos de plásticos, catro quilos de mestura, 0,5 quilos de vidro e 2,5 quilos de papel.