Un grupo de 15 persoas do proxecto Mar de Amicos visitamos o venres 18 agosto as instalacións de Congalsa no marco desta iniciativa impulsada conxuntamente pola nosa Asociación Amicos e a Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar), que ten como obxectivo achegar a riqueza do patrimonio marítimo-pesqueiro do Barbanza e tamén os recursos ligados ao complexo mar-industria da zona a todos os públicos, principalmente a colectivos con discapacidade.

 

 

A nosa Asociación Amicos, que conta con sedes en Ribeira e Boiro, entre outras, orienta a nosa acción social a favorecer a integración laboral de persoas con discapacidade e a súa accesibilidade a todo tipo de actividades.
Con este obxectivo, impulsamos este proxecto xunto con Fundamar para fomentar a incorporación ao mercado de traballo deste colectivo en proxectos que poidan estar ligados, dun modo ou outro, ao turismo industrial, promovendo así o turismo inclusivo e accesible.

Sobre esta visita, a directora de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Cañas, valorou que adheríndose ao programa Mar de Amicos pretenden «Con Mar de Amicos, buscamos destacar a integración sociolaboral de persoas con discapacidade e ofrecer actividades accesibles para todos os públicos».

 

 

Pola súa banda, a dirección executiva de Mar de Amicos valorou a dispoñibilidade da empresa para participar nunha iniciativa no marco da cal se configurou “un itinerario de roteiros e visitas a diferentes enclaves industriais e pesqueiros do Barbanza, aberto a todo tipo de públicos pero, no que participan activamente persoas con discapacidade, coa finalidade de axudarlles á hora de dar o salto ao mercado de traballo”.

Cada unha das visitas que promove o programa Mar de Amicos conta cun líder de grupo, unha persoa con discapacidade que actúa como guía para o resto de membros da comitiva, en coordinación coa Dirección de Relacións Externas que se ocupa de impulsar internamente a visita e coordinar a posterior degustación de produtos que a compañía ofrece aos participantes na iniciativa.

 

NOTICIAS EN MEDIOS

FINANCIAL FOOD
DIARIO DE AROUSA
GALICIAPRESS.ES
ECONOMIAENGALICIA.COM
LA VOZ DE GALICIA

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org