• O evento, que se desenvolveu este martes e mércores, 16 e 17 de abril, leva como título  ‘Europa: cara o Rural 2030’
  • No marco deste cume, os participantes visitarán distintos órganos europeos e presentaranse algúns dos prototipos elaborados no RUYOU ante a AECEA

 

O programa Rural Youth of Europe (RUYOU) celebrou esta semana o seu Cume da Xuventude Rural Europea en Bruselas. Este evento supuxo a clausura do proxecto, que se desenvolveu a longo de quince meses. O acto tivo lugar este martes e mércores, 16 e 17 de abril, e levou como título  ‘Europa: cara o Rural 2030’. A través del buscouse poñer en contacto á xuventude coas institucións europeas e os centros de toma de decisións da eurozona, así como realizar un balance do traballo e os resultados acadados ao seu abeiro.

Rural Youth of Europe, liderado pola Asociación Amicos coa colaboración de socios de España, Portugal e Malta; xurdiu como foro xuvenil para deseñar solucións innovadoras e colaborativas para os retos que se lle presentan á sociedade rural europea. Nel, ao longo dos quince meses que durou o proxecto, participaron máis de 280 persoas, que puideron intervir en catro RuralHacks online e cinco International Creative Jams. Estes últimos celebrados nas localidades dos distintos socios impulsores: LugOpenFactory de Lugo, a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Fundación Galicia Europa, a Eurocidade Chaves-Verín, e a entidade local Regjun Tramuntana de Malta.

Así, tras varios meses de traballo, este Cume da Xuventude Rural Europea, organizado pola Fundación Galicia Europa, marca o final do proxecto. Durante dous días, varios participantes, mentores e representantes de cada entidade socia déronse cita en Bruselas. Alí presentaron ao equipo de embaixadores do proxecto e compartiron cos creadores de opinión da UE os resultados, ideas, prototipos e recomendacións obtidos ao longo das múltiples actividades realizadas no marco da iniciativa.

 

 

Cume da Xuventude Rural Europea

O evento comezou o martes, día no os participantes visitaron o Parlamento Europeo e mantiveron unha reunión cos eurodiputados galegos da Eurocámara, ante os que presentaron o proxecto. Xa pola tarde, realizaron unha visita á sede da Cámara de Comercio de España na cidade belga, onde lle mostraron á directora da Delegación ante a UE da Cámara, Pilar Ruíz, tres dos múltiples prototipos deseñados polos mozos/as. Durante a visita realizouse tamén un xogo de rol para que a mocidade experimentase como funciona a promoción dun proxecto europeo. A visita rematou cunha sesión na que as e os participantes compartiron as reflexións e experiencias acadadas durante estes meses de traballo.

Xa o mércores, a xornada arrincou cunha visita á Comisión Europea, onde o grupo se reuniu coa Axencia Executiva Europea para a Educación e Cultura (EACEA). Esta comezou cunha presentación de RUYOU por parte de Sonia Lamas, coordinadora da iniciativa e técnica da área de Proxectos de Amicos. A continuación, algúns dos mozos e mozas participantes no proxecto mantiveron diálogos abertos coa audiencia sobre distintos temas que se trataron no RUYOU.

Neles participaron mozos tan ligados a Amicos como Adrián Ríos e Marta Vázquez. O primeiro interveu na charla sobre a democracia, cidadanía e participación xuvenil; mentres que Marta o fixo para falar sobre emprendemento e a vida rural de cara ao 2030.

A celebración desta cume coincidiu coa Semana Europea da Xuventude 2024, unha campaña bienal organizada pola Comisión Europea. A través desta iniciativa, búscase celebrar e promover a participación activa da mocidade en cuestións políticas e sociais.

 

 

A innovación como motor de cambio para o rural do futuro

RUYOU naceu co obxectivo de darlle voz e poñer en valor o papel activo da xuventude á hora de buscar solucións innovadoras e creativas para facer fronte aos retos que se presentan no ámbito rural, en especial de cara ao 2030.

Para iso, ao abeiro desta iniciativa realizáronse distintos eventos online e presenciais entre os meses de xaneiro de 2023 a febreiro de 2024. Neles traballáronse cuestións como a democracia, cidadanía e participación xuvenil, cambio climático e futuro sustentable, xuventude e emprendemento ou accesibilidade, entre outros.

Nel participaron xuventude, expertos e líderes de opinión, que colaboraron para analizar ditas cuestións a través de distintos obradoiros e actividades. Tódalas accións do programa buscaban que os mozos e mozas participantes partiran dende a aprendizaxe para crear solucións e resolvan ditos retos, que cristalizaron no deseño de case unha trintena de prototipos que dan resposta a estas cuestións.

O proxecto, cofinanciado pola Comisión Europea mediante o seu programa CERV (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores), culmina así nesta Cume da Xuventude Rural Europea ‘‘Europa: cara o Rural 2030’.

 

 NOVAS EN MEDIOS

O BARBANZA

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org