Hoxe recibimos a visita de Valentín González Formoso, Presidente da Deputación de A Coruña; Ana Lamas Villar, Deputada de Benestar Social e Educación; Sandra González Castro, Delegada Especial de Educación e Delegada Especial de Mocidade.

Valentín González Formoso, destacou que “Amicos é un referente no eido da discapacidade, integración e sempre está ao carón das familias”. Añadeu: “É necesario incrementar os recursos, pois non deben ser reclamados, senón ofrecidos”.

Tamén estiveron presentes José Ramón Romero, Alcalde de Boiro e Raúl Treus, Concelleiro de Servicios Sociais e Medio Ambiente de Boiro. José Ramón Romero, quixo felicitarnos polos “proxectos innovadores” que facemos e destacou que dende o Concello de Boiro “apostamos por eles”.

Asímesmo, Ramón González, Director General de Robison Crusoe (filial brasileña del grupo Jealsa), estivo hoxe con nós para coñecer os labores que estamos a facer agora, pois sempre que ten a oportunidade gústalle visitarnos.

Todos os presentes recorreron as nosas instalacións en compañía de Esther Vidal, a nosa Presidenta, e Xoan España, o noso Director Xeral, guiados por Miguel Cancelas e Javier Freijo en representación de todos os que formamos Amicos. Os nosos compañeiros foron os encargados de explicarlle as tarefas que facemos no noso día a día e as actividades que levamos a cabo en cada aula.

Esther Vidal recalcou que “o máis importante é traballar coas persoas con discapacidade e as súas familias”. Esta é o noso labor principal. Tamén aproveitou a ocasión para agradecer a todos a súa colaboración ata o momento e a necesidade de poder seguir contando con esa colaboración porque “seguimos facendo proxectos” como, por exemplo, a ampliación residencial que se está executando.

Ademais, Xoan España explicou aos presentes todos os proxectos e actividades que se están realizando nestes momentos e todo o que levamos feito ata agora, onde o noso foco principal é a integración.