AMICOS celebrou por todo o alto o Día Internacional da Discapacidade cun multitudinario festival no pavillón de Barraña, en Boiro. Ademais dos usuarios da entidade, asistiron nenos doutros centros educativos e como convidada de excepción a Conselleira de Política Social,  Fabiola García ratificou o seu compromiso coas entidades que traballan no eido da diversidade funcional co fin de garantir a igualdade e a inclusión.

O alcalde de Boiro quixo sumarse tamén á celebración destacando as capacidades de tódalas persoas independentemente da súa diversidade funcional.

A organización do festival contou tamén co apoio de Jealsa que colabora, non só nesta, senón en moitas outras iniciativas desenvolvidas dende AMICOS. Entre eles, a contratación de numerosos traballos ó centro de formación ocupacional con que conta AMICOS.

Deixamolle o seguinte ligazón resumó feito por 7 canal Rías Baixas