- Un total de corenta mulleres participaron no programa Mulleres, discapacidade e prevención do maltrato
- A iniciativa combinou accións de prevención e identificación da violencia de xénero co apoderamento persoal e profesional das participantes
Cuarenta mulleres participaron no programa Mulleres, discapacidade e prevención do maltrato, unha iniciativa posta en marcha pola nosa entidade no marco das Subvencións a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade, en colaboración co Plan Corresponsables e cofinanciada parcialmente pola Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021-2027.
O programa desenvolveuse arredor de cinco grandes bloques, nos que se combinaron accións de prevención e identificación da violencia de xénero co apoderamento persoal e profesional das participantes. Para acadalo, traballáronse obxectivos moi concretos, entre os que destacan:
- Información e análise da problemática do maltrato dende o ámbito sociocultural e persoal.
- Coñecemento e valoración das medidas de apoio social, protección física, xurídica e institucional dispoñibles.
- Adquisición de habilidades de afrontamento para xestionar ansiedade, sentimentos de culpabilidade e crenzas disfuncionais.
- Eliminación do estigma ou exclusión social, coñecendo casos reais de superación.
- Reflexión sobre as consecuencias sociais e psicolóxicas do maltrato.
- Reforzo da autoestima, a seguridade e a autonomía das mulleres.
- Orientación laboral e educativa, como ponte cara a independencia persoal e económica.
A través deste camiño, as participantes puideron fortalecer as súas capacidades, mellorar a súa confianza e dispoñer de novas ferramentas para construír unha vida autónoma, segura e libre de violencia.
En Amicos seguimos convencidos de que acompañar, apoiar e formar é clave para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria, onde ningunha persoa quede atrás.
Para máIs información:
981 865 716
658 753 047

