• As novas instalacións acollerán un total de vinte e seis dormitorios individuais, que se suman ás trinta e sete prazas actuais, así como áreas comúns adaptados para as persoas con grandes necesidades de apoio
  • A aportación da Consellería de Política Social para a ampliación ascende a 1,2 millóns, divididos en tres anualidades
  • Begoña Abeijón: “Continuaremos a apoiar a Amicos, non só a nivel institucional senón tamén no económico, así como a outras entidades sociais de Galicia para que garantir que conten co apoio que necesitan”

 

A mañá deste martes, 23 de setembro, vivimos un momento moi especial en Amicos. Recibimos a visita de Begoña Abeijón, directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, que se achegou ata o noso Fogar Amicos para coñecer de primeira man as obras de ampliación.

Un proxecto que nos fai moita ilusión e que supón sumar vinte e seis novos cuartos individuais con baño adaptado e novas zonas comúns pensadas para que as persoas con discapacidade, en especial para aquelas con grandes necesidades de apoio, conten cun espazo cómodo, accesible e cheo de vida. Estas novas prazas engadiranse ás trinta e sete xa existentes.

Durante a visita, a nosa presidenta Esther Vidal e o director xeral Xoán España destacaron a importancia deste proxecto, posible grazas ao apoio da Consellería de Política Social, que achega 1,2 millóns de euros divididos en tres anualidades. “É un paso moi importante para seguir construíndo futuro e recoñecemento para as persoas con discapacidade”, subliñou Xoán.

 

 

 

 

Tamén apuntou que “imos comprobar algúns dos proxectos financiados na convocatoria dos fondos IRPF, que nos permiten atender e prestar apoios a máis de oitenta persoas con discapacidade; dende programas tutelares a promoción de emprego, pasando por iniciativas de vida independente. Gracias tanto á Consellería como á Dirección xeral, porque isto para nós significa construír futuro e, ao mesmo tempo supón o seu recoñecemento e implicación co colectivo de persoas con discapacidade. Pola súa parte, creo que este é o camiño correcto, que hai un bo traballo, sincero e continuo, e esta é a maneira de construír”

Pola súa parte, Abeijón amosou o seu apoio incondicional ao afirmar que “Amicos é como o noso segundo fogar. Dende a Xunta de Galicia cremos firmemente en Amicos, no seu traballo e na forma na que apoian ás persoas con discapacidade. Tamén en como traballan para integralas na comunidade, a través de proxectos de primeiro nivel, como os proxectos medioambientais de restauración de fondos mariños que coñecemos este verán, pero tamén os de fomento da vida independente. Continuaremos a apoialos, tanto institucional como economicamente”.

 

Dúas boas noticias no mesmo día

A visita coincidiu tamén coa chegada dos socios italianos do proxecto MUSE MusicArTherapy, unha iniciativa europea coordinada por Amicos que busca mellorar a formación de profesionais da atención a persoas con necesidades de apoio a través da musicoterapia. Abeijón interesouse polo proxecto e escoitou da man dos socios os principais obxectivos do mesmo.

Durante dous días compartirán experiencias, resolverán cuestións técnicas e participarán en sesións dirixidas pola creadora do método, Stefania Guerra Lisi.

Muse encadrase no marco do programa Erasmus+, a través do SEPIE. Está coordinado por Amicos e conta coa colaboración de Università Popolare di MusicArTerapia nella Globalità dei Linguagi – Metodo Stefania Guerra Lisi dal 1970 e a Cooperativa Umanista Mazra.

 

 

 

NOVAS EN MEDIOS:

CANAL BARBANZA

CANAL RÍAS BAIXAS

DIARIO DE AROUSA

LA VOZ DE GALICIA

O BARBANZA

XUNTA DE GALICIA

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org