• A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, agradeceu a posta en marcha deste tipo de accións formativas de alta demanda no municipio
  • Quince persoas rematan o curso e recollen os seus diplomas tras máis dunha semana de formación intensiva

 

Esta mañá puxemos o broche final ao noso curso de Intelixencia Artificial en Silleda. Foron máis de sete días de aprendizaxe compartida, nos que quince persoas se achegaron a un ámbito que non só forma xa forma parte do noso día a día, tamén mellora as posibilidades no futuro laboral.

Na última xornada, o venres 27 de marzo, levamos a cabo o acto de clausura, no que recoñecemos o esforzo dos e das participantes. As alumnas e alumnos recolleron os seus diplomas acompañados por Pablo Penide e Cristina Torres, que guiaron todo o proceso formativo desde unha perspectiva práctica e moi pegada á realidade, e de Keltoi Cameán, coordinador da nosa área de Alianzas.

Entre as persoas participantes, moitas forman parte da nosa área de Formación e Emprego. Isto permitiunos traballar desde un enfoque moi personalizado, conectando os contidos do curso coas súas propias metas profesionais. Porque non se trata só de aprender que é a intelixencia artificial, senón de saber como utilizala para mellorar oportunidades reais.

Desde o noso equipo, Pablo Penide destacou que a intelixencia artificial xa está aquí, e é clave que as persoas conten con ferramentas para entendela e empregala no seu día a día. Neste sentido, a aposta pola formación presencial marcou a diferenza, permitindo un acompañamento máis próximo, máis humano e adaptado ás necesidades de cada persoa.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, fixo chegar unhas palabras nas que puxo en valor a importancia de achegar este tipo de iniciativas á veciñanza e apostar por ámbitos con tanto percorrido. Un recoñecemento que tamén fixo extensivo ao alumnado polo seu compromiso ao longo de toda a semana.

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org