- @s nos@s activistas medioambientais aproveitan as Rutas Sociais Sostibles para coidar a contorna mentres mostran novos espazos.
- Esta iniciativa está posto en marcha pola Fundación Amicos co apoio do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026
A calor do verán non é un impedimento para lanzarnos a coñecer o patrimonio natural e cultural da nosa terra. E con esta idea, varias decenas de persoas animáronse a participar nas nosas Rutas Sociais Sostibles, no marco do proxecto homónimo posto en marcha pola nosa entidade co apoio do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026.
Durante estas saídas, ademais de descubrir camiños, paisaxes e elementos do patrimonio, tanto activistas como participantes van sempre co ollo posto no que acontece ao seu redor. Así, cando atopan residuos polo camiño, paran, recóllenos e encárganse de que rematen no lugar axeitado. Unha acción sinxela que suma, e que fai que deixemos os nosos camiños un pouquiño mellor do que a atopamos, ao tempo de coñecemos novos recunchos da provincia de Pontevedra.
Turismo, inclusión e coidado da contorna
Rutas Sociais Sostibles, impulsado pola Fundación Amicos co apoio do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026, combina turismo inclusivo, patrimonio e activismo ambiental a través de rutas accesibles e experiencias compartidas.
O proxecto permite achegarse a muíños, fornos, piornos e outras construcións tradicionais, descubrir espazos que ás veces pasan desapercibidos e compartir estas experiencias con persoas con e sen discapacidade. As rutas complétanse con obradoiros, exposicións e xincanas ambientais, nas que a aprendizaxe e a sensibilización van da man do lecer.
Porque coñecer un lugar tamén significa aprender a coidalo. E se ademais podemos facelo mentres compartimos camiño, descubrimos patrimonio e recollemos algún que outro residuo polo camiño, moito mellor.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


