Este é o proxecto que presenta a Asociación Amicos, unha iniciativa que pretende unir o respecto ao medio ambiente, coa integración socio laboral das persoas con discapacidade intelectual da comarca do Barbanza.
A idea principal é moi sinxela: 1 € = 1 árbore. Por cada euro doado a este proxecto, Amicos comprométese á plantación dunha árbore autóctona, o piñeiro galego.
1€ = 1 árbore
100€ = 100 árbores
1000€ = 1000 árbores
E así sucesivamente ata onde cada empresa colaboradora poida ou queira chegar.