Unha nova edición de Capacidade , o boletín impreso da Asociación Amicos, saíu de imprenta hai uns días.  O número 10  presta especial atención a ampliación de prazas no Centro Residencial de Amicos e as diferentes campañas e actividades organizadas ao redor do Día Internacional do Autismo.

A práctica da arte marcial Kempo e a viaxe a Turquía de varios membros e monitores para participaren nun programa Erasmus + son outros dos temas do boletín. Precisamente, o protagonista da sección “Coñece a” é Alfonso, un dos mozos que viaxou ao estranxeiro.

DIPTICO BOLETÍN10 (6)