Acaba de saír do prelo o número 11 de Capacidade, o boletín impreso da Asociación Amicos . Nesta edición dámos unha especial cobertura a colaboración coa ONCE e laCaixa no eido da formación prelaboral.

No referido as actividades da asociación, hai información sobre a viaxe a Asturias e Cantabria, o campamento de verán en Arcade a participación nas carrilanas da Festa da Dorna de Ribeira.  A protagonista da sección “Coñece a” é Carolina, que fai de bedel do noso Centro de Atención Integral cando temos visitas especiais, por exemplo cando a conselleira de Medio Rural veu entregar o Premio de Desenvolvemento Rural.