No día de hoxe visitamos o Hipermercado Gadis de Ribeira para facer entrega ao seu director, Luís Alberto Vázquez Mosquera, do noso Calendario Solidario 2021.
Moitas grazas a Supermercados Gadis pola súa implicación neste proxecto que, sen dúbida, é de gran axuda cara a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
Grazas tamén a Iria Rodríguez, responsable de marketing e comunicación de Gadisa, pola atención e trato recibidos e por involucrarse nos nosos proxectos.

E lembrade! O noso Calendario segue á venda nos noso Centro e nos seguintes establecementos:
Farmacia Lojo (Rianxo), Farmacia Cimadevila (Boiro), Farmacia Romay (Portosin), Congelados Mayca (Noia) e Farmacia Villamil (Ribeira).

Non vaiades quedar sen el!