Hoxe é o día internacional do abrazo, pero nos tempos que corren, gardar a distancia de seguridade é primordial. Por iso, dende Amicos, propoñémosvos tres formas de darnos cariño sen poñernos en perigo de contaxio.
- Abrazarnos a nós mesmos para mandar afecto aos demáis:
Autoabrazarnos para amosar cariño aos nosos compañeiros é unha forma de facelo garantindo a distancia de seguridade.
- Tocar co codo aos nosos compañeiros:
Sen dúbida, é a forma máis coñecida para saudarnos nesta pandemia, evita acercarnos en exceso e tamén manter a distancia social.
- Facernos os fortes hoxe, para poder abrazarnos mañán:
Un pouco de sentido do humor, tan necesario nestos tempos. Pero se evitamos contaxios nestes meses tan difíciles, estaremos máis preto de voltar a ansiada normalidade 🙂
E é que son moitos os beneficios de abrazarse, segundo o psicólogo Kevin Zaborney, quen decideu crear este día no calendario preocupado polo descenso de mostras de cariño que realizamos en público. Celebrouse por primeira vez no ano 1986 e dende entón quedou fixado para cada 21 de xaneiro.
¿Cal é a vosa forma preferida?