UN DÍA MOI ESPECIAL

O próximo domingo 21 de marzo é o Dia Mundial do Síndrome de Down. Dende a Asociación Amicos, quixemos conmemoralo dunha maneira moi especial: contando a historia do noso compañeiro Luis.

Luis Salgado ten 39 anos e é de Noia, aínda que naceu en Caracas, Venezuela. “Cando naceu foi un susto, non é o mesmo que agora”, así explica súa tía María del Carmen Barreiro como foi a chegada de Luis as súas vidas na nosa reportaxe “A Historia de Luis”.

A BIOGRAFÍA DE LUIS

Esta biografía verá a luz este domingo onde coñeceremos de primeira man como Luis pasou a súa infancia e como vive o día a día agora que perdeu a seus pais. Todo elo, contado polos familiares que lle quedan ao noso compañeiro: seu irmán, súa tía e as súas primas.

“Era una neno que lle gustaba xogar con todos, pero claro algún neno xogáballe, pero outros mirábano así… claro era un neno un pouco diferente” así relataba súa tía María del Carmen a súa infancia.

Sus papás ya fallecieron, su mamá murió hace muy pocos meses, vive con su hermano y nos tiene a nosotros, sus primas y su tía, que es con quién comparte su día a día”, explica Mª Inés Pérez, a súa prima. Ela é consciente de que Luis sentiu a enfermidade e o falecemento da súa nai como o que máis. Continuamente a recorda e sente que lle falta protección, xa que foi o seu apoio principal sempre. A veces nótano triste e máis calado polo seu recordo.

A súa prima pequena Lucía Castro, con tan só once anos é consciente de que o seu curmán ten Síndrome de Down, pero que é como outra persoa calquera: “Es mi primo como cualquier otra persona”, afirma a menor da familia.

Luis foi crecendo e xa non compatibiliza con nenos, pois aos seus 39 anos, ten as súas propias inquietudes como soñar con ser avogado e xogar de maneira independente a súas aficións favoritas, como o fútbol

A súa tía e a súa prima contánnos que malia a súa autonomía, sempre necesita un apoio: “Toda ayuda es poca, deberían dedicarse cada vez más medios y no olvidarse de ellos que necesitan apoyo constante”, explica Mª Inés, a súa curmá.

Coa historia de Luis, dende Amicos, queremos normalizar a vida das persoas con síndrome de Down xa que o importante é COMO SOMOS, non os CROMOSOMAS. Para elo, seguimos recaudando fondos para que persoas como Luis sigan tendo os apoios necesarios, xunto coas súas familias. Todo é posible coa axuda de todos.

Se queres axudarnos para apoiar a persoas como Luis e contribuir para que cumpran os seus soños

FAITE AMICO