Chegou o momento tan esperado. A mañá do venres 11 de xuño, na Asociación Amicos presentamos o proxecto para este Xacobeo 2021 – 2022. Reporteiros no Camiño é unha mediometraxe de ficción onde os compañeiros da Asociación Amicos decidiron facer un Camiño inclusivo, poñendo en valor o patrimonio cultural e natural de Galicia onde a discapacidade volve a demostrar que pode ser un motor de cambio. Nesta convocatoria visualizouse o tráiler onde se descubriron os seus protagonistas, que son Marcelino Romero, membro do Fogar Amicos e Carolina Castro, asistente do Centro diurno de Amicos.

SIPNOSE DA MEDIAMETRAXE

Marcelino e Carolina farán o Camiño de Santiago motivados por un taller de teatro que ven impartir ao Centro de Amicos o mesmo Federico Rey. O actor galego de Mazaricos pídelles a Carol e a Marce que o seu próximo papel sexa ser xornalistas. Que mellor maneira de convertirse en xornalistas, e meterse no papel, que facendo o Camiño de Santiago e ir atopando persoas as que preguntarlle as súas vivencias e historias. Carolina e Marcelino parten o seu camiño dende Amicos pasando polos concellos de Meis, Catoira Illa de Arousa, Pontecesures e Rois ata rematar en Santiago. En cada lugar terán un encontro cun protagonista moi especial que lles explicará cales son as mellores atraccións turísticas de cada Concello.

Entre os entrevistados starán persoeiros tan especiais como o actor Carlos Blanco, que lles contará a historia da Illa de Arousa. Ademáis, os nosos compañeiros recibirán moitas máis sorpresas de personaxes moi importantes do panorama artístico galego.

DECLARACIÓNS DOS PROTAGONISTAS

“Foi unha experiencia inolvidable e sentinme moi arroupada por todos. Fixen de reporteira e actriz a vez. Debo lembrar que eu e Marcelino temos unha Discapacidade, pero non impediu que emprenderamos esta aventura”, indicou emocionada Carolina Castro, que está moi contenta de ser parte deste proxecto.

Gabriel, Marcelino, Carolina, Lesmes e Digna.

“A rodaxe foi perfecto, só foi a veces complicada a meteoroloxía. O que máis me impresionou foi o pazo de Faramello como lugar e poder volver recontrar con Camilo en Rois” Marcelino Romero.

“Reporteiros no Camiño é unha aposta de ficción para mostrar o Camiño de Santiago máis inclusivo pasando polos concellos de Meis, Illa de Arousa, Catoira, Pontecesures e Rois ata chegar a Santiago”, indicaba Digna Iglesias, vicepresidenta da Asociación.

Digna Iglesias, vicepresidenta da Asociación Amicos.

“Foi todo un reto facer o camiño como inclusivo xa que era o obxectivo principal” explicou Lesmes Iglesias, realizador da mediametraze.

Lesmes Iglesias, director da mediametraxe.

“Os concellos elexidos foron Meis, Illa de Arousa, Catoira, Pontecesures e Rois xa que son municipios máis pequenos de cinco mil habitantes e queriamos darlle visbilidade dentro do Camiño Portugués no marco da ruta do mar de Arousa e río Ulla”, explicaba Gabriel Rodríguez, responsable do departamento de comunicación de Amicos.

Gabril Rodríguez.

OS PROTAGONISTAS

Os protagonistas desta mediametraxe son Carolina Castro e Marcelino Romero, os dous son compañeiros da Asociación Amicos e convertíronse en actores para facer esta mediametraxe.

Marcelino Romero vive no centro Amicos dende fai 4 anos. É unha persoa moi entusiasta e traballadora. Gústalle cultivarse de coñecementos, como a escritura e a lectura. Escribe os seus propios poemas e vivencias. El eva consigo unha carro de experiencias, traballou de camareiro, futbolista, adestrador de fútbol, tocando o bombo e a gaita, e por suposto escribindo. Fixo 7 veces o Camiño de Santiago, polo que xa é todo un experto na materia. Incluso traballou como voluntario nalgúns albergues do Camiño.

Marcelino Romero.

Carolina Castro é unha persoa experta en superar a adversidade. Tras sufrir un accidente de pequena, conseguiu saír adiante e grazas á súa forza demostrou que nada pode detela. Unha das cousas que máis lle gusta é camiñar e pasear, sobre todo ao lado da súa nai, a persoa que máis quere no mundo. Cada vez que fala dela faino con moita emoción. Nunca fixo o Camiño de Santiago, polo que esta viaxe é un soño para ela.

Carolina Castro

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Os obxectivos deste proxecto son os seguintes:

  • Compartir e difundir o coñecemento sobre o patrimonio natural, cultural e humano da ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a través da realización desta mediometraxe que realizarán persoas con discapacidade e onde se fomentará a inclusión destes colectivos desfavorecidos.
  • Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño do Santiago.
  • Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo do Camiño, implicando a toda a poboación galega e xerando un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
  • Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
  • Obxectivo ODS10 “Redución das desigualdades” a través desta meta, potenciar e promover a inclusión social, económica e política de toda as persoas, independentemente da súa idade, sexo, discapacidade, raza, etnia, relixión ou situación económica.

Reporteiros no Camiño.

FINANCIACIÓN E PATROCINIO

Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

PRESENTACIÓN OFICIAL DO PROXECTO

Esta mediometraxe verá a luz o próximo 17 de xuño de 2021 cunha presentación no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.