A redución das emisións de CO2 é un problema de todos. Por iso, en Amicos temos un fiel compromiso coa sostibilidade e o cuidado do medio ambiente evaluando os nosos riscos asociados ao cambio climático e levando a cabo accións que nos axuden a diminuír as nosas emisións.

Na nosa asociación establecemos canles de comunicación a nivel interno e externo para facilitar un diálogo aberto con todas as partes interesadas: administración, clientes, poboación, provedores e subcontratistas, etc.

Unha das accións que levamos a cabo para protexer o medio ambiente é a formación e a sensibilización ambiental do persoal a través de cursos e charlas. Promovemos unha maior participación por parte de todo o persoal para garantizar o Sistema de Xestión Ambiental implantado. Así mesmo, tamén se puxeron a disposición do persoal catro “Guía de Boas Prácticas Ambientais”:

  • Boas Prácticas Ambientais Xeral.
  • Boas Prácticas Ambientais Específica para os Condutores dos Vehículos da Asociación.
  • Boas Prácticas para a Xestión de Residuos.
  • Boas Prácticas Ambientais no Biocentro de Ribeira.

Ademais, no noso Biocentro de Oleiros, situado en Ribeira, dispoñemos tamén de un invernadoiro e de un viveiro forestal nos cales a partir de restos de podas e a través da compostaxe realizamos a plantación e o cultivo de diversas especies vexetais, as cales producen un impacto visual paisaxístico positivo nas instalacións e nos arredores.

Da mesma maneira, establecemos anualmente un Programa de Obxectivos e Metas Ambientais, ao que asignamos medios e recursos para a mellora continua do noso comportamento ambiental. Os resultados obtidos no pasado curso, de Xullo de 2020 a Xuño de 2021 son:

  • Pariticipación en proxectos e accións de voluntariado relacionados con temas ambientais como é o caso de “RE-MAR”, “Intercostas”, e “Hortos da Biodiversidade”, entre outros.
  • Instalación dunha planta fotovoltaica de paneis solares para o autoconsumo no centro de Boiro.
  • Adquisición dun vehículo eléctrico.
  • Redución do consumo de Gasóleo A en un 5% respecto ao ano anterior.

Todas as accións están verificadas e validadas por AENOR.
E non nos podemos esquecer da nosa Ecobrigada, que no seu día a día coidan do medio ambiente. Cos seus traballos forestais e ambientais, así como co control dos espazos protexidos logran unha sociedade sustentable na que as persoas con discapacidade poden desenvolver todo o seu potencial. No último ano, a Ecobrigada realizou 36 actividades para o cuidado do medio ambiente e reforestou 26 hectáreas.
Neste 2022 seguiremos na mesma línea, cuidando a nosa Terra. E ti, súmaste?