• Un total de corenta mulleres participaron no programa Mulleres, discapacidade e prevención do maltrato
  • A iniciativa combinou accións de prevención e identificación da violencia de xénero co apoderamento persoal e profesional das participantes

 

Cuarenta mulleres participaron no programa Mulleres, discapacidade e prevención do maltrato, unha iniciativa posta en marcha pola nosa entidade no marco das Subvencións a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade, en colaboración co Plan Corresponsables e cofinanciada parcialmente pola Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021-2027.

O programa desenvolveuse arredor de cinco grandes bloques, nos que se combinaron accións de prevención e identificación da violencia de xénero co apoderamento persoal e profesional das participantes. Para acadalo, traballáronse obxectivos moi concretos, entre os que destacan:

  • Información e análise da problemática do maltrato dende o ámbito sociocultural e persoal.
  • Coñecemento e valoración das medidas de apoio social, protección física, xurídica e institucional dispoñibles.
  • Adquisición de habilidades de afrontamento para xestionar ansiedade, sentimentos de culpabilidade e crenzas disfuncionais.
  • Eliminación do estigma ou exclusión social, coñecendo casos reais de superación.
  • Reflexión sobre as consecuencias sociais e psicolóxicas do maltrato.
  • Reforzo da autoestima, a seguridade e a autonomía das mulleres.
  • Orientación laboral e educativa, como ponte cara a independencia persoal e económica.

A través deste camiño, as participantes puideron fortalecer as súas capacidades, mellorar a súa confianza e dispoñer de novas ferramentas para construír unha vida autónoma, segura e libre de violencia.

En Amicos seguimos convencidos de que acompañar, apoiar e formar é clave para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria, onde ningunha persoa quede atrás.

 

Para máIs información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org