- O proxecto Monte Vivo foi distinguido na Convocatoria Solidaria BBVA Futuro 2026, un recoñecemento que pon en valor o noso compromiso coa conservación da biodiversidade, a restauración dos ecosistemas forestais e a protección do medio natural.
- Somos unha das 25 entidades seleccionadas na Convocatoria Solidaria BBVA Futuro 2026 grazas ao impacto ambiental e social do proxecto Monte Vivo.
Desde AMICOS queremos compartir con moita alegría este recoñecemento, que supón un impulso importante para seguir avanzando nun proxecto que nos ilusiona profundamente. Agradecemos a BBVA Asset Management o seu apoio e confianza en iniciativas que poñen no centro as persoas, o territorio e o coidado do medio ambiente.
O proxecto Monte Vivo beneficiará directamente a 250 persoas en situación de vulnerabilidade, con especial atención ás persoas con discapacidade intelectual, ao voluntariado e á poboación nova, e alcanzará de forma indirecta unhas 3.500 persoas a través do seu impacto comunitario, educativo e territorial.

Monte Vivo nace cun obxectivo claro: recuperar o Monte da Caridade, en Monterrei, un espazo gravemente afectado polos incendios de 2025, e facelo xunto coa comunidade, devolvéndolle vida, valor e futuro.
Este proxecto é moito máis que restauración ambiental: é tamén inclusión, oportunidades e comunidade. Queremos coidar o monte e, ao mesmo tempo, xerar oportunidades no medio rural, reforzando os vínculos co territorio e promovendo un desenvolvemento máis xusto e sostible.
Para iso, impulsamos unha rede de colaboración entre entidades sociais, administracións, empresas e cidadanía, que nos permita decidir e actuar de forma conxunta na recuperación deste espazo.

O proxecto combina a recuperación da flora autóctona, o voluntariado ambiental e a educación ambiental coa creación de oportunidades de formación e emprego verde inclusivo, sempre cunha mirada social.
Monte Vivo é posible grazas ao acordo de custodia que mantemos coa Comunidad de Montes de A Caridad, que nos permite traballar de forma compartida e responsable no coidado deste territorio.
Seguimos traballando con ilusión para que o Monte da Caridade volva ser un espazo vivo, de aprendizaxe, de encontro e de oportunidades para todas as persoas.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


