- O equipo de activistas medioambientais percorreu novos sendeiros en Pontevedra para deseñar próximas rutas inclusivas
- Rutas Sociais Sostibles, desenvolvido no marco do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026
@s nos@s activistas medioambientais percorreron estes días novos sendeiros que formarán parte das próximas actividades do proxecto Rutas Sociais Sostibles, desenvolvido no marco do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026.
A xornada serviu para explorar diferentes itinerarios nos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, poñendo en valor a riqueza paisaxística e o patrimonio etnográfico destes municipios. Durante o percorrido, os participantes descubriron recunchos con historia, gozaron de espectaculares vistas e compartiron unha mañá marcada pola convivencia, o benestar e o contacto coa natureza.
Pero, como en todas as actividades do proxecto, a conservación ambiental tamén tivo un papel protagonista. Coa mirada posta na protección da contorna, os activistas identificaron novos espazos nos que desenvolver futuras xornadas de recollida de residuos, contribuíndo así á preservación destes lugares e á sensibilización da cidadanía sobre a importancia de manter limpos os espazos naturais.
Rutas Sociais Sostibles nace coa finalidade de combinar o turismo inclusivo e o activismo ambiental, creando espazos de encontro entre persoas con e sen discapacidade nos que compartir experiencias, combater o illamento social e fomentar hábitos de vida saudables e respectuosos coa natureza.
A través de rutas accesibles, obradoiros, exposicións e outras actividades, o proxecto promove tamén o coñecemento do patrimonio etnográfico galego e reforza a participación activa das persoas con discapacidade na vida comunitaria.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


