Onte iniciamos as accións de recollida de basuras con empresas do sector recreativo e usuarios locais no marco do proxecto de RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego. Na xornada, que contou coa colaboración de Grip Surf School, recolleuse 197 kilos de residuos mariños en a praia de ‘A Ladeira’, no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo (Ribeira).

Coa axuda dunha ducia de voluntarios da escola de surf galega, todos nós recorremos o Parque Natural na procura de plásticos, madeiras, cordas e produtos contaminantes para o medio ambiente. Entre todos, conseguimos sumar un total de 197 kilos de residuos que o mar foi depositando no areal.

Carmen, Javier, Gonzalo e Sergio foron algúns dos nosos Amicos que participaron na actividade e todos eles mostraron a súa alegría de poder colaborar cos compañeiros de Grip Surf nesta actividade, pois xa non é a primeira vez que comparten espazo e tempo xuntos.

A escola de surf galega está ubicada na propia praia de ‘A Ladeira’, no Parque Natural de Corrubedo. Os especialistas en ensinar o imprescindible sobre o Surf levan impartindo clases dende 2015 e contan con máis de 20 anos de experiencia no sector.

Queremos agradecer especialmente a colaboración do Parque Nacional de Corrubedo pola súa implicación en RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego.

RE-MAR é un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.