Hoxe celebramos a presentación da segunda edición do Programa Integrado de Emprego no Auditorio Municipal de Ribeira. Este ano, participan no programa de mellora da ocupación e a inserción laboral un total de 100 persoas en situación de desemprego.
Manuel Ruiz, Alcalde de Ribeira, inaugurou o acto e mostrou a súa “satisfacción por estar un ano máis na presentación do Programa Integrado de Emprego” e animounos a “seguir por este camiño”.
O obxectivo do Programa Integrado de Emprego 2021-2022 é acadar, como mínimo, un 45% de inserción laboral. O PIE está financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
No acto tamén estivo presente Judit Fontela, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade, e Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Coruña. Trenor destacou que este programa é “un dos mellores e máis efectivos para mellorar a empregabilidade”. Engadiu: “Este PIE é moi especial para a Xunta de Galicia porque combina a perfección o fomento da formación e o emprego, a formación dos desempregados e a búsqueda da igualdade entre os homes e as mulleres”.
O Delegado Territorial rematou a súa intervención agradecendo, unha vez máis, a Amicos por “facer posible todo isto” e desexando que “esta nova experiencia” axude aos participantes “a seguir crecendo no mercado laboral e na vida persoal”.
Xoan España, o noso Director Xeral, quixo dar as grazas a todas e a todos “por esforzarse día a día para alcanzar a inserción laboral” e realizou un balance dos resultados acadados durante o ano pasado para establecer as metas do Programa Integrado de Emprego 2021-2022. O Director Xeral de Amicos solicitou a implicación de todos e todas lanzando unha mensaxe: “si sodes capaces” porque “a maior fortaleza para conseguir un emprego é crer en si mesmo”.
Os participantes no Programa, que estará activo ata o 22 de novembro de 2022, son homes e mulleres de Ribeira, Boiro, A Pobra, Noia e Porto do Son. Todos recibirán o apoio e seguimento continuado do equipo técnico de orientadoras do Programa para facilitar o acceso a oportunidades de traballo.
Os perfiles seleccionados son: 26 persoas desempregadas con discapacidade, 35 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 26 mulleres desempregadas con dificultades de conciliación, 11 homes desempregados maiores de 45 anos e 2 homes desempregados perceptores de prestación.
Unha das participantes, Laura Castro Gómez, foi a encargada de conducir o acto, no que estivo presente xunto aos seus compañeiros e compañeiras. Entre elas encontrábase Yolanda Tarela que relatou a súa experiencia como participante no PIE por segundo ano consecutivo: “El año pasado comencé mi camino, demostrándome que querer es poder y he decidido este nuevo año apostar por seguir formándome hasta poder alcanzar mi objetivo final: un puesto de trabajo”. Para rematar, Tarela quixo mandar unha mensaxe de ánimo aos seus compañeiros: “participar en todas las actividades formativas y aprovechar todo el apoyo de las orientadoras del programa”.
Ademais, no PIE realizarase formación específica en comercio e alimentación, industria alimentaria e limpeza. A través destes cursos as persoas podrán realizar prácticas en empresas que desexen realizar convenios de colaboración.
Representantes das principais empresas tamén asistiron a presentación. Miguel Alamancos, Director da Residencia de Maiores DomusVi, falou da importancia de este tipo de accións, pois é “unha fonte enriquecedora para os nosos centros”, xa que “un porcentaxe moi alto das persoas que realizan prácticas, acaban quedándose con nós para sempre”. Tamén agradeceu o labor de Amicos polo seu “bo facer”, o “bo traballo” e a “calidade das súas formacións”.
Así memo, traballarase con todos os participantes habilidades para o Emprego como comunicación, traballo en equipo, planificación e organización de tarefas, así como outras técnicas específicas de Prevención de Riscos Laborais, Novas Tecnoloxías e Idiomas.