As Ecobrigadas iniciaron hoxe os traballos de acondicionamento do río Sar, en Santiago de Compostela. A acción desenvólvese en colaboración con Viaqua, derivada da firma do convenio do pasado 14 de marzo co obxectivo de traballar conxuntamente na inclusión das persoas con discapacidade e a sostenibilidade. Estímase que as accións de recuperación ambiental no río Sar, e tamén no río Sarela, se alonguen dous meses.
Dende a nosa asociación cremos que esta colaboración significa “a oportunidade para que 25 persoas con discapacidade intelectual poidan seguir mantendo os sus postos de traballo, continuar o seu proceso formativo e desarrollando o seu plan de vida”. Agradecemos a confianza depositada, especialmente a Ana Teijeiro, Yago Lorenzo e Leticia Rodríguez Hernández de Viaqua, xa que “as Ecobrigadas son unha iniciativa de economía social que necesita o compromiso de entidades como Viaqua que queiran apostar pola contratación responsable”.
Para nós, a firma do convenio con Viaqua tamén implica “o inicio de unha relación con unha compañía líder no seu sector e coa que compartimos os valores do coidado medioambiental e da inclusión de persoas con discpacidade”.
Esta é unha das primeiras accións derivadas da firma do convenio de colaboración firmado o pasado 14 de marzo entre Amicos e Viaqua, aínda que xa se está a traballar noutras líneas comúns que se esperan poder realizar proximamente.
Dende Viaqua apostan pola contratación responsable e por manter políticas activas e reais de RSC. Neste sentido as Ecobrigadas dan resposta ás inquietudes sociais de inclusión de persoas e ás relacionadas co coidado do medio ambiente e a conservación de espazos naturais, así como a xestión do ciclo da auga.